Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Exames para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca os exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2024.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 17/06/2024 ata o 01/07/2024

Prezo:

Taxas: 41,59 euros. 

Requisitos:

  • Estar en idade legal laboral ou ter a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.
  • Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal/fp/carnes-profesionais

Contacto:

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 881 996 529

Email: habilitacions.profesionais@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 22/02/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED527A

Carnés profesionais e habilitacións profesionais. Especialidades:

  • Carnés profesionais:
    • Carné profesional de instalacións térmicas de edificios.
    • Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
    • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
    • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
  • Habilitacións profesionais:
    • Operador/a industrial de caldeiras.
    • Instalador/a de gas, categoría A.
    • Instalador/a de gas, categoría B.
    • Instalador/a de gas, categoría C.
    • Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
    • Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
    • Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
    • Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
    • Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
    • Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.
    • Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

Os exames da convocatoria ordinaria non se realizarán antes do 17 de abril de 2024 e os da convocatoria extraordinaria non antes do 2 de outubro de 2024.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión