Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Probas de selección para Gardas Rurais e as súas especialidades
O Ministerio do Interior aproba para o ano 2024 o calendario de convocatorias das probas de selección para gardas rurais e as súas especialidades, cuxa superación habilitará para o exercicio das correspondentes profesións.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
1/ 1-20 marzo 2024. 2/ 1-20 setembro 2024.
Requisitos:
Poderán participar nas probas acódelas aspirantes a gardas rurais e ás súas especialidades de garda de caza ou guardapesca marítimo
Ser maior de idade.
Ter a nacionalidade dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou dun Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, ou ben que lle sexa aplicable o disposto na lexislación sobre réxime comunitario ou ser nacional dun terceiro Estado que teña subscrito con España un convenio internacional no que cada parte recoñeza o acceso ao exercicio destas actividades aos nacionais da outra.
Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, de Técnico, ou outros equivalentes a efectos profesionais, ou superiores.
Posuír a aptitude psicofísica necesaria para o exercicio das respectivas funcións de garda rural.
Carecer de antecedentes penais por delitos dolosos.
Non ser condenado por intromisión ilexítima no ámbito de protección do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, do segredo das comunicacións ou doutros dereitos fundamentais nos cinco anos anteriores á solicitude.
Non ser sancionado nos dous ou catro anos anteriores, respectivamente, por infracción grave ou moi grave en materia de seguridade privada.
Non ser separado do servizo nas Forzas e Corpos de Seguridade ou nas Forzas Armadas españolas ou do país da súa nacionalidade ou procedencia nos dous anos anteriores.
Posuír o diploma ou certificación acreditativa de superar o curso ou cursos específicos nos centros de formación para gardas rurais e as súas especialidades.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible