Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Probas de xestor de transporte 2024

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convoca as probas para o exame de xestor de transportes para exercer a actividade de transporte público por estrada, xa sexa como traballador/a autónomo/a ou a través dunha sociedade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Requisitos:

  • Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos de formación no momento de presentar a solicitude:
    • Título de bacharel ou equivalente.
      • Título de técnico, acreditativo de superar as ensinanzas dunha formación profesional de grao medio, sexa cal for a profesión a que se atope referido.
      • Título de técnico superior, acreditativo de ter superado as ensinanzas dunha formación profesional de grao superior, sexa cal for a profesión a que se atope referido.
      • Calquera título acreditativo de superar unhas ensinanzas universitarias de grao ou posgrao.
  • Ter residencia habitual en Galicia. Para tal efecto, entenderase por residencia habitual en Galicia cando conste o seu domicilio en Galicia no momento de presentar a solicitude e, cando menos, durante 185 días naturais no último ano, contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes para concorrer aos exercicios. Só se admitirá que o domicilio non conste en Galicia, para os efectos da realización do exame, cando a persoa aspirante acredite que, sen cumprir o requisito do punto anterior, se viu obrigada por razóns familiares ou profesionais a cambiar a súa residencia en Galicia; non obstante, non se entenderá cumprida esta exixencia nin cando se trate de estadías temporais nunha localidade para a realización dunha actividade de duración determinada, nin cando se trate de supostos de asistencia a unha universidade, escola ou centro docente.
  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co código IF312A

Páxina web:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/

Contacto:

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

Dirección Xeral de Mobilidade

Tel.: 881 995 053

Publicación: DOG 20/11/2023

Procedemento sede electrónicaIF312A

Os exercicios terán lugar nos períodos abarcados entre: 

  • Primeiro período: entre o 1 de febreiro e o 30 de abril de 2024.
  • Segundo período: entre o 2 de maio e o 31 de agosto de 2024.
  • Terceiro período: entre o 2 de setembro e o 31 de decembro de 2024.

Inscricións

  • Primeiro período: as solicitudes presentaranse entre o 21 de novembro de 2023 e o 31 de xaneiro de 2024.
  • Segundo período: as solicitudes presentaranse entre o 1 de febreiro e o de 1 de maio de 2024.
  • Terceiro período: as solicitudes presentaranse entre o 2 de maio e o 1 de setembro de 2024

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión