Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • CURSOS TALENTO NOVO (Garantía Xuvenil)- Cámara de Comercio da Coruña

    Programa gratuíto que busca asegurar que as persoas novas de entre 16 e 29 anos inscritas en Garantía Xuvenil, reciban educación continuada ou formación tras quedar desempregadas ou finalizar a súa formación académica.

  • Xornadas Europeas de Arqueoloxía

    Cando:

    Dende o 13/06/2026 ata o 14/06/2026

    Inscricións:

    Dende o 09/06/2026 ata o 12/06/2026

    ás 10:00 h.

    O Concello da Coruña organiza unha nova edición das Xornadas Europeas de Arqueoloxía, que se desenvolverán os días 13 e 14 de xuño no Castelo de San Antón e no Castro de Elviña, cunha programación dirixida a todos os públicos que inclúe visitas guiadas e actividades participativas.

  • Verán creativo: obradoiro de arte para nenas/os

    Cando:

    Dende o 29/06/2026 ata o 31/07/2026

    Consultar quendas.

    Sabías que os animais foron sempre unha gran fonte de inspiración para as/os artistas? Neste Obradoiro que terá lugar na biblioteca pública Miguel González Garcés, coñecerás as súas historias e aprenderás a pintalos dunha forma totalmente diferente e divertida.

  • Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (proba PEB e subvención)

    Inscricións:

    Dende o 09/06/2026 ata o 15/06/2026

    A finalidade dos premios é recoñecer e valorar os méritos baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico a etapa de educación secundaria obrigatoria en Galicia. Para tal fin, créase a proba dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (proba PEE).

  • 1 praza de director/a-profesor/a de baile tradicional na Escola Municipal de Folclore (EMUF)

    Inscricións:

    Ata o 02/07/2026

    O Concello de Betanzos convoca unha praza de director/a-profesor/a de baile tradicional na Escola Municipal de Folclore (EMUF) polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

  • Campamentos verán 2026 - Granxa escola Bergando

    A granxa escola Bergando organiza campamentos de verán preto de Santiago de Compostela dirixidos a nenas e nenos de entre 7 e 15 anos.

Convocatorias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión