Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • Xavier: Momentos naturais

    Cando:

    Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026

    A mostra, no Quiosco Alfonso, reúne máis de cen obras realizadas entre 1977 e 2025, incluíndo pintura, gravado, escultura e cerámica, e está estruturada en nove momentos creativos e dous gabinetes temáticos.

  • XX Convocatoria Bolsas Fundación A.M.A.

    Inscricións:

    Ata o 17/02/2026

    A Fundación A.M.A. convoca un sorteo para a concesión de 137 bolsas para os cursos de preparación MIR, FIR, EIR, PIR, QIR, BIR, RFIR e para os cursos de formación de posgrao a licenciados /graduados universitarios en Veterinaria e Fisioterapia na promoción denominada “Bolsas Fundación A.M.A. Convocatoria 2025/2026"

  • VI Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado

    Inscricións:

    Ata o 31/01/2026

    O Concello da Estrada, xunto coa Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convocan a sexta edición do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado.

  • Axudas da UDC para estudantado en situacións de dificultades económicas, curso 2025/26

    Inscricións:

    Ata o 02/03/2026

    A Universidade da Coruña convoca axudas destinadas ao estudantado matriculado no curso 2025/26 na UDC co fin de contribuír a paliar as dificultades económicas que lle impidan continuar os estudos conducentes á obtención dun título universitario oficial de grao ou máster.

  • Cursos Aula CeMIT - Xaneiro 2026

    Cando:

    Dende o 07/01/2026 ata o 29/01/2026

    Inscricións:

    Consultar datas de inscrición de cada curso.

    A aula CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) presenta a oferta de cursos presenciais que terán lugar no mes de xaneiro na aula CeMIT Eirís. Tamén horario de atención presencial na Aula Aberta.

  • Obradoiro de guitarra acústica

    Cando:

    20/12/2025

    Dentro do ciclo "Coruña República Musical", que conta co apoio da Concellaría de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, a República Musical Mardi Gras organiza a última formación do 2025. Será na sala Mardi Gras: "Obradoiro de guitarra acústica impartido por Luís Tinaquero".

Convocatorias

RRSS Información Xuvenil

@MocidadeCoruna en X

@MocidadeCoruna en Facebook

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión