Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Dende o 25/05/2026 ata o 30/06/2026
Ata o 17/05/2026
Programa gratuíto e en liña organizado por IBM en colaboración con Fundae. Deseñado para que aprendas ao esencial de traballar con datos de forma práctica e eficiente.
Dende o 01/06/2026 ata o 26/07/2026
Ata o 24/05/2026
Programa gratuíto e en liña organizado por IBM en colaboración con Fundae. Formación deseñada para persoas que xa contan cunha base previa en programación e desexan dar un paso cara a un perfil técnico máis sólido, práctico e orientado ao mercado laboral.
Dende o 03/05/2026 ata o 28/05/2026
O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de maio. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.
Dende o 20/06/2026 ata o 20/09/2026
A Fundación MOP inaugura Doubts de Paolo Roversi, exposición que combinará obras icónicas con imaxes inéditas ata a data nun percorrido íntimo polo universo do fotógrafo, no Peirao de Batería da Coruña.
Ata o 21/05/2026
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2026-2027.
Ata o 06/05/2026
O Concello do Pino convoca procedemento para a execución do programa de reforzo para a atención á dependencia e inserción social e confección dunha bolsa de emprego de técnicos/as A2 Traballador/a Social, polo sistema de oposición.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible