Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

III Certame de grupos musicais da USC

A Universidade de Santiago de Compostela convoca a terceira edición do "Certame de grupos musicais da USC", para fomentar e dar visibilidade á actividade artística e creativa no ámbito da música moderna da comunidade universitaria, polo que os grupos participantes terán que contar cun número mínimo de membro da USC.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 07/01/2026

Requisitos:

  • Poderá participar nesta convocatoria calquera membro da comunidade universitaria.
  • As persoas participantes poden inscribirse de maneira individual ou como grupo. No caso dos grupos, requírese que teñan entre os seus compoñentes polo menos 2 membros da comunidade universitaria, ou 3 no caso de grupos de 5 ou máis compoñentes.
  • Non poderán participar na presente edición os grupos ou os concursantes individuais que xa obtivesen algún premio nas dúas edicións anteriores deste certame.
  • Cada participante ou grupo poderá presentar unicamente unha solicitude.
  • Os temas presentados teñen que ser orixinais e non poden ter sido premiados en ningún outro concurso.
  • Non poden tomar parte nesta convocatoria quen teña editado algún traballo discográfico, agás que sexa autoeditado e que non conten con respaldo discográfico na actualidade.
  • A solicitude de participación, xunto coa documentación requirida, deberá presentarse por parte da persoa que represente ao grupo a través do Rexistro Electrónico da USC: https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm

Remuneración / Dotación:

Unha vez finalizada a fase de preselección e publicada a súa resolución, abrirase a fase de selección final que determinará as propostas gañadoras a través dunha actuación en directo nalgún dos concertos da Primavera Cultural 2026. As persoas seleccionadas para a fase final que non acudan a actuar en directo non poderán optar a ser premiados:

  • 1º premio: 800 €
  • 2º premio: 450 €
  • 3º premio: 250 €

Páxina web:

https://sede.usc.es

Contacto:

Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC

Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro, s/n (15782 - Santiago de Compostela)

Tel.: 881 811 011

correo-e: vr.estudantes@usc.gal

www.usc.gal

Documentos:

bases .pdf (110 KB)

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión