Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Peón/peoa do Servizo Municipal de Protección Civil do Concello de Noia

O Concello de Noia convoca procedemento de selección, mediante o sistema de concurso-oposición e acceso libre, para a provisión en propiedade dunha praza de persoal laboral fixo da categoría de peón/peoa do GES, adscrita ao servizo de protección civil.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 29/05/2026

Requisitos:

  • Certificado de escolaridade, Certificado de estudos primarios, Graduado Escolar, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), titulación superior, ou equivalente.
  • Permiso de conducir da clase C en vigor e sen limitacións.
  • Ter cumpridos os 18 anos de idade e non ter acadado a idade de xubilación forzosa.
  • Nacionalidade española ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou cumprir os requisitos establecidos no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, no suposto de acceso ao emprego público de nacionais doutros Estados.
  • Certificado de lingua CELGA II, curso de iniciación da lingua galega, equivalente ou validación do mesmo. As persoas aspirantes que non o posúan, deberán superar a proba de coñecemento do idioma galego.
  • Presentación dun informe de saúde, asinado por persoal facultativo, no que se faga constar expresamente que a persoa aspirante reúne as condicións físicas e psíquicas para realizar as probas de aptitude física.

Páxina web:

www.concellodenoia.gal

Contacto:

Concello de Noia

Rúa Rosalía de Castro, nº 2, 15200 Noia (A Coruña)

Teléfono 981 84 21 00

Publicación: 

BOP 16/04/2026

BOE 30/04/2026

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión