
A autoformación, hogano asociada coa formación en liña pero non sempre coincidentes, está orientada sobre todo a mellorar as nosas competencias laborales, e é ofertada por organismos académicos e todo tipo de entidades (con ou sen ánimo de lucro) sen marcos xeográficos na maior parte dos casos no referido aos cursos en liña; non obstante, tamén podemos atopar opcións presenciais ou semipresenciais.
Este tipo de cursos en liña adoitan clasificarse en tres termos principais: MOOC (cursos en liña abertos e de balde, sen límite de participantes), NOOC (similares aos MOOC pero de duración breve) e SPOC (orientados a unha comunidade pechada de participantes).
Se tes interese na autoformación en liña, podes empezar botando un ollo á páxina Mooc: cursos online, que recompila e permite filtrar cursos por idioma e materia.
A continuación compartimos unha pequena escolma onde de seguro atoparás cursos de balde se tes interese na auformación.
Plataformas para a autoformación de persoas adultas
Aula Mentor: programa de formación aberta e flexible (apostando por formación en liña e titorías ou exames presenciais) do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e en colaboración con outras institucións. Está deseñado para mellorar a cualificación das persoas adultas e promover o desenvolvemento das súas competencias persoais e profesionais. Os cursos adoitan durar dous meses e ter un custo de 48 euros, pero a cambio a formación será acreditable de forma oficial, malia que hai un número limitado de balde.
Aula Fácil: máis dun milleiro de cursos de balde e agrupados por categorías para orientarte na procura da formación que necesitas.
Aprender Gratis: plataforma de formación en liña gratuíta en español que recompila cursos, titoriais, guías e manuais dunha gran variedade de temas: desde arquitectura a técnicas de estudo ou manexo do estrés, algúns deles certificados.
Crehana: plataforma privada que naceu co obxectivo de democratizar a aprendizaxe e hoxe serve de soporte de recursos humanos co ollo posto en América Latina. Na súa web teñen un apartado de cursos de balde.
ConectaEmpleo: España: a Fundación Telefónica oferta cursos de competencias para a vida profesional e formación para a busca de emprego, entre outros.
Coursera: plataforma global de aprendizaxe en liña e desenvolvemento profesional que conta con centos de cursos de balde e en español (ollo, que algúns son só probas do curso), e tamén formación de pago. Pódese filtrar por temáticas moi diferentes: desenvolvemento persoal, negocios, ciencia, humanidades, tecnoloxías da información e a comunicación...
Fórmate: ofrece un amplo catálogo de cursos de balde (subvencionados polas administracións públicas) de distintos sectores laborais para persoas traballadoras, autónomas ou desempregadas que desexen actualizar o seu perfil profesional.
FUNDAE (Fundación Estatal para la formación en el empleo): ofrece cursos gratuitos de formación profesional para el empleo con prácticas profesionales.
UNED Abierta: plataforma de cursos abertos a todas as persoas da Universidade a distancia, que oferta cursos moi variados. idiomas, obradoiros de escritura, traballo social, alfabetización informacional...
| Completa a autoformación coa nosa colección de libros e audiovisuais. |
| Se tes interese na autoaprendizaxe para mellorar as túas competencias profesionais e/ou atopar emprego, podes consultar o noso centro de interese Emprego. |
Cursos en liña de competencias dixitais
Fundación Cibervoluntarios: entre os seus fins, atópase promover o uso social da tecnoloxía para fomentar a inclusión dixital, a innovación social e a participación cidadán, para o que ofertan unha serie de cursos gratuítos.
| Participa na formación presencial de balde en competencias dixitais que ofrecemos nas bibliotecas. |
| Completa a autoformación co noso servizo de Atención Tecnolóxica personalizada e a nosa colección de libros e audivisuais sobre competencias dixitais. |
Cursos en liña de aprendizaxe de idiomas
GALEGO
Portal de autoaprendizaxe da lingua galega: Queres mellorar o teu nivel de galego? A Xunta de Galicia ofrece facelo e obter o CELGA, e é posible estudalo co obxectivo de obter o teu certificado tras un exame pero tamén simplemente polo placer de aprender, o que podes facer en liña a través do apartado de teleformación.
LingoHut: na plataforma LingoHut podes atopar un completo curso de galego, aínda que os audios que o acompañan escóitanse algo artificiais, pero claros.
CASTELÁN
Hablarama: con interface en inglés, esta plataforma ofrece clases interactivas con audio e leccións de vocabulario, frases útiles e gramática en distintos niveis.
OUTROS IDIOMAS
Duolingo: popular plataforma que pode empregarse en formato app para practicar idiomas no día a día.
| Participa nas actividades de aprendizaxe de idiomas das bibliotecas. |
| Completa a autoformación sobre aprendizaxe de idiomas coa nosa colección de libros e audiovisuais. |
Cursos en liña de educación ambiental
| Participa nas nosas actividades e obradoiros de Biblioteca Verde. |
| Completa a autoformación sobre educación ambiental coa nosa colección de libros e audiovisuais. |
Cursos en liña de creatividade e lecer
Queremos axudarche tamén a atopar e desenvolver a túa paixón, para a que non precisas máis certificado que o visto e prace propio. Elixe o teu!
| Completa a autoformación creativa coa nosa colección de libros e audiovisuais. |
Cursos en liña para profesionais do libro
Escuela Parix: escola online dirixida a profesionais da creación e a tradución literarias, a ilustración, a corrección, a edición, as artes gráficas, a distribución e as librerías co fin de potenciar o seu talento nunha contorna dixital.
| Completa a autoformación no eido do libro e a lectura coa nosa colección de libros e audiovisuais |
Acreditar a autoformación
A oferta en autoformación é moi ampla, e atópanse cursos para todos os gustos e para todos os petos. Non obstante, a gratuidade dos cursos adoita implicar que o feito de superalos non outorga ningún tipo de certificado ou diploma oficial alén dunha insignia dixital (para identificar progresos e logros e motivar aos estudantes), malia que se o necesitas ou desexas pódese optar a conseguir o devandito certificado previo pago.
PERO se só buscas aprender, mellorar a túa formación, abrir a túa mente a outros campos de coñecemento e satisfacer a túa curiosidade intelectual, as plataformas que recompilamos un pouco máis arriba son o lugar ideal para empezar.

Autoformación no ámbito escolar
Existen cursos específicos de autoformación dirixidos á comunidade académica e escolar que recollemos tamén na nosa páxina por se fosen do interese para os centros escolares da nosa contorna e a comunidade vencellada a eles que nos visita habitualmente.
Plataformas de autoformación para docentes
| Coñeces todo o que temos nas bibliotecas para os centros escolares? |
Plataformas de autoformación para o alumnado
Comparte connosco os teus favoritos!
Nas bibliotecas sempre estamos dispostas a aprender, así que, se observas algún erro nas nosas recomendacións para a autoformación ou queres compartirnos as túas, cubre o formulario de contacto e coméntanos!
| Formulario de contacto |
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible