Recursos en liña e servizos específicos
As bibliotecas traballamos de xeito colaborador con outros axentes da nosa contorna e, entre eles, están os centros escolares.
Dámosche acceso a unha serie de recursos en liña que poden ser de utilidade para preparar as clases ou para ofrecer ao alumnado unha experiencia máis completa na aprendizaxe que, ademais, vincula as novas tecnoloxías da información. Arte, historia, ciencias... recursos interdisciplinares en multitude de formatos.
Ademais, para que poidas cubrir as túas necesidades na aula deseñamos para ti un tipo de préstamo específico e un carné para entidades.
Actividades en colaboración con centros escolares
Propoñémosche as seguintes actividades para achegar ao alumnado, desde unha formulación lúdica, ao mundo da biblioteca para coñecer os seus recursos, organización e servizos. As visitas, planificadas para cursos sucesivos, teñen contidos e formatos adecuados ás distintas idades e permiten unha aproximación paulatina ao que é e o que ofrece unha biblioteca.
Cal é a túa?
Outras actividades para centros escolares
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible