
Achégate ás bibliotecas para coñecer e saudar os Paxes Reais, que estes días nos visitan! E, ademais, na biblioteca Ágora teremos un contacontos especial para recibilos.
O venres 2 de xaneiro de 2026, en horario das 17.00 ás 19.00, os Paxes Reais visitarán as bibliotecas municipais para recoller as cartas dirixidas ás Súas Maxestades os Reis Magos.
Contacontos na Biblioteca Ágora
Ademais, para que esta visita sexa se cabe máis inesquecible, na Biblioteca Ágora teremos a oportunidade de gozar, na súa sala infantil, logo de saudar aos paxes, dunha sesión de contacontos moi especial.
Escoitaremos o conto "Tomten", de Astrid Lindgren, onde coñeceremos a historia dun trasniño de bo corazón que anda arredor da xente do lugar onde vive sen que esta se decate...
Ao ser unha sesión tan especial, non será precisa inscrición previa.
Elixe a biblioteca onde queres ver os Paxes Reais

Tomte, de Astrid Lindgren
Durante a noite, a xente dunha granxa nun bosque dorme. Só Tomten está esperto. Ninguén o viu nunca, a xente só sabe que está alí. Ás veces, a xente só atopa as súas pequenas pegadas na neve. Tomten coida dos animais e dálles consolo durante unha fría noite de inverno. Promételles que a primavera chegará pronto. Tomten tamén visita os nenos e nenas, que sempre queren velo, pero sempre están durmindo cando el chega, polo que soñan con el.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible