Contacontos
Infantil, Familias
Público infantil, familias.
02/01/2026
Require inscrición.
De 17.00 a 19.00 horas.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
Achégate á Biblioteca Ágora a gozar dunha sesión de contacontos de Nadal e da visita dos Paxes Reais!
O venres 2 de xaneiro, en horario de 17.00 a 19.00, os Paxes Reais visitarán a Biblioteca Ágora para recoller as cartas dirixidas ás Súas Maxestades os Reis Magos.
Durante a sesión, teremos oportunidade tamén de gozar dunha sesión de contacontos moi especial. Escoitaremos o conto "Tomten", da recoñecida escritora sueca Astrid Lindgren, onde coñeceremos a historia dun trasniño de bo corazón que anda arredor da xente do lugar onde vive sen que esta se decate...
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible