Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Ultreia peregrina

"Ultreia Peregrina'" é o novo Ciclo Temático que abordaremos durante o primeiro trimestre do ano 2021 na Biblioteca Fórum Metropolitano.

Bo camiño!

Actualmente este é o saúdo máis habitual entre peregrinas e peregrinos pero antigamente, adoitábase utilizar Ultreia ou Ultreya, era a expresión que quere dicir "Imos alá". A este saúdo respondíase con "Et suseia", que significa "Imos arriba" que empregábase para animarse uns a outros nas súas xornadas a pé polos Camiños a Compostela.

O home, buscou sempre un sentido á súa vida e continuamente preguntouse, cal era e onde estaba: o Fin do Mundo, o Paraíso, ou por onde se podía acceder ao Ceo.

O Fin do Mundo coñecido, até hai pouco máis de 500 anos, era Fisterra e estaba indicado polo Camiño das Estrelas: A Vía Láctea.

Con motivo da celebración do Xacobeo este ano 2021, dende a Biblioteca Forum Metropolitano propoñémosvos chegar a Compostela a través dunha selección de lecturas, música, películas ou podcast distribuídas en sete etapas, onde poder  coñecer máis de fondo o camiño a Compostela, acompáñanos:

  1. Atreverse. Sae da túa área cómoda e segue as cunchas amarelas.

  2. Desconectar. Libera a túa mente e atopa as historias que esconde o camiño.

  3. Reflexionar. Viaxa ao teu interior.

  4. Descubrir. A paisaxe é un dos segredos do éxito do camiño, onde podemos atopar paraxes incribles a cada paso.

  5. Prepararse. Fortalece o teu corpo camiñando día tras día.

  6. Gozar. Alimentarse ben é fundamental  para facer o Camiño, ademais temos  a oportunidade de gozar dos praceres gastronómicos de cada un dos lugares por onde pasa.

  7. Conseguir!  A catedral, xunto ás catro prazas que a rodean -Obradoiro, Quintana, Inmaculada e Praterías- e as principais rúas históricas, son de visita obrigada.

  • "Ser", ¡Etapa extra! Con motivo do día da muller, o 8 de marzo, esta ruta a Compostela terá unha parada especial para recordar o papel da muller no camiño.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar

Si lo prefieres, puedes realizar tu búsqueda combinando distintos criterios. Sólo tienes que acceder a la búsqueda avanzada

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión