Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Club de lectura de cómics

Por tipo de actividade:

Clubs

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

26/10/2022

Mensual

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/09/2022 ata o 01/10/2022

Require inscrición. Prazas limitadas

Horario:

De 18.30 h a 20.00 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

Prazas libres para inscribirte no noso club!

O Club de Lectura de Cómics é un espazo participativo e de reunión no que intercambiar ideas, experiencias e sensacións ao redor dunha mesma paixón, as novelas gráficas e os cómics. Cada sesión é única xa que tratamos de valorar desde un punto de vista crítico, pero tendo moi en conta as nosas experiencias persoais e a nosa bagaxe cultural, un mesmo cómic.

O club está dirixido a persoas a partir de 15 anos e o grupo reúnese o último mércores de cada mes ás 18.30 h na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano da Coruña.

Queres saber ...

  • Club de lectura de cómics

    En que consiste o club de lectura de cómic?

    Destinado a persoas a partir de 15 anos, o Club de Lectura de Cómic é un grupo que se reúne periodicamente para comentar e valorar un cómic proposto e proporcionado dende as Bibliotecas Municipais da Coruña. Tanto a selección cómics como as sesións para a posta en común realízanse coa axuda e orientación dunha persoa bibliotecaria coa que compartir experiencias e impresións sobre a lectura.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión