Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Obradoiro: Descubre a arquitectura

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

Dirixido a nenos e nenas de 9 a 14 anos

Cando:

22/03/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/03/2023 ata o 22/03/2023

Require inscrición

Horario:

De 18.30 a 19.30 horas

Duración:

1 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Actividade enmarcada no programa SomosPro: Ciencia e letras

O mércores 22 de marzo ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos o obradoiro "Descubre a arquitectura" para rapazada de 9 a 14 anos.

Gústache a ciencia? E a literatura? Non sabes que bando escoller? Temos a solución!! Convidámosvos a un obradoiro para mentes curiosas de 9 a 14 anos no que, con diferentes lecturas de "Descubre la arquitectura" de Eduardo Altarriba e Berta Bardí i Milà, e diferentes dinámicas, faremos unha viaxe a través das formas nas que as civilizacións abordaron a construción ao longo da historia.

Ven á biblioteca do Fórum a divertirte e a compartir unha tarde chea de experiencias!

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión