
Achégate ás bibliotecas para coñecer e saudar os Paxes Reais, que estes días nos visitan! E, ademais, nas bibliotecas Ágora e Durán Loriga teremos senllos contacontos do máis especiais para recibilos.
O venres 2 de xaneiro de 2026, en horario das 17.00 ás 19.00, os Paxes Reais visitarán as bibliotecas municipais para recoller as cartas dirixidas ás Súas Maxestades os Reis Magos.
Contacontos na Biblioteca Ágora
Ademais, para que esta visita sexa se cabe máis inesquecible, na Biblioteca Ágora teremos a oportunidade de gozar, na súa sala infantil, logo de saudar aos paxes, dunha sesión de contacontos moi especial.
Escoitaremos o conto "Tomten", de Astrid Lindgren, onde coñeceremos a historia dun trasniño de bo corazón que anda arredor da xente do lugar onde vive sen que esta se decate...
Esta actividade da Biblioteca Ágora precisará inscrición previa.
Contacontos na Biblioteca Durán Loriga
Na Biblioteca Durán Loriga tamén teredes a oportunidade de gozar dun conto antes de entregar as vosas cartas aos paxes reais: Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis (Kalandraka, 2007). Coñecédelo?
Será ás 17 horas sen inscrición previa ata completar capacidade.
Elixe a biblioteca onde queres ver os Paxes Reais

Tomten, de Astrid Lindgren
Durante a noite, a xente dunha granxa nun bosque dorme. Só Tomten está esperto. Ninguén o viu nunca, a xente só sabe que está alí. Ás veces, a xente só atopa as súas pequenas pegadas na neve. Tomten coida dos animais e dálles consolo durante unha fría noite de inverno. Promételles que a primavera chegará pronto. Tomten tamén visita os nenos e nenas, que sempre queren velo, pero sempre están durmindo cando el chega, polo que soñan con el.

Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis
«Os Reis Magos non entran na casa dos nenos que non están durmidos», avisouno o seu pai. Pero á medianoite Martiño soñaba, e entráronlle unhas enormes ganas de mexar...
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible