Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Inicio
  • Guía de recursos #EnRedateNaCasa

Guía de recursos #EnRedateNaCasa

Ilustración covid-19 e de fondo o mapa do mundo

Coa finalidade de atender as necesidades da mocidade durante este período de confinamento na casa, o Centro Municipal de Información Xuvenil elaborou esta guía composta de toda unha serie de recursos que poden ser de interese e utilidade.

Aquí vos presentamos un variado abano de opcións para vos poder informar, coidar, divertir, aprender ou compartir, ainda así seguiremos ampliando con novos recursos durante todas estas xornadas!

Información, atención e apoio

Servizo telefónico de información á cidadanía do Concello da Coruña: teléfono 010, para resolver dúbidas sobre as medidas adoptadas polo concello en relación á COVID-19.

En colaboración coa asociación Círculo de Mediación de Galicia (CIMEGA), o 010 oferta ademais un servizo telefónico gratuíto de mediación de conflitos derivados da situación de confinamento.

https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/novas/nova/o-concello-ofrece-un-servizo-gratuito-de-mediacion-de-conflitos-derivados-da-situacion-de/suceso/1453724103579

Liña de atención telefónica gratuíta ACOMPÁÑOTE 900 920 500, da Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación: funciona en horario de 10.00 a 21.00 h e está destinada ás persoas que afronten soas o confinamento para que poidan conversar con alguén 

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/detalle-contenido/te-acompano/suceso/1453723550224

Centro de Orientación Familiar (COF): só atenderán as situacións de urxencia como IVE (interrupción voluntario do embarazo), anticoncepción de urxencia e consultas psicolóxicas urxentes. Solicitude de cita previa no teléfono 981 184 205 

https://www.coruna.gal/planificacionfamiliar

Teléfonos de atención a vítimas de violencia de xénero:

  • 016: atención a vítimas de violencia de xénero
  • 981 184 356: Centro de Información ás Mulleres (CIM A Coruña)
  • 092 (Policía Local) e 091 (Policía Nacional)

https://www.facebook.com/benestarsocialcoruna/photos/a.126471141028360/1300114826997313/?type=3&theater

Departamento de Promoción Económica e Comercio do Concello da Coruña: asesoramento telemático a autónomos/as e PEMES da cidade a través do correo-e empresa@coruna.es

Teléfonos de información sanitaria e atención do SERGAS en relación á COVID-19:

  • En caso de sospeita chama ao teléfono 900 400 116
  • Se se trata dun caso grave chama ao teléfono 061 

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/112/como_actuar.pdf

Servizo telefónico de atención e información á cidadanía da Xunta de Galicia: teléfono 012, para información sobre servizos prestados pola Administración autonómica ou realización de trámites 

https://www.xunta.gal/servizo-do-012

Liña de atención telefónica gratuíta 900 400 800, da Consellería de Política Social: proporciona acompañamento e apoio á cidadanía que o precise, priorizaranse aquelas chamadas que alerten de situacións de vulnerabilidade ou emerxencia social, pero tamén resolverán dúbidas básicas relacionadas coa COVID-19. O seu horario é de 8.00 a 20.00 h.

http://www.voluntariadogalego.org/campusonline/web/index.php?mod=not&ide=3298

E para a detección rápida de situacións de risco habilitaron o enderezo electrónico atencionsocialemerxencia@xunta.gal

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48315/xunta-lanza-servizo-axuda-fogar-extraordinario-para-responder-situacions-emerxencia

Servizo de Atención psicolóxica 112 da Xunta de Galicia: no caso de precisar atención psicolóxica este teléfono estará dispoñible durante o confinamento 24 horas os 7 días da semana e atendido por profesionais do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

https://copgalicia.gal/novas/xeral/servizo-de-atencion-psicoloxica-traves-do-112-para-toda-poboacion-pola-emerxencia?fbclid=IwAR23bgKh84QkQGf-lXJhKOEG9uhGZrBSCt4p_vjvFWsHbveOblcMY7E8vak

Quérote Máis, o servizo de información e asesoramento á xuventude da Xunta de Galicia abre unha nova vía de atención a través de videochamada por whatsapp no 647 018 752

ttps://www.facebook.com/querotemais/videos/200335271388623/

Teléfono gratuíto 900 815 600 de atención a empresas e persoas autónomas afectadas pola COVID-19 da Xunta de Galicia, en horario de 8.00 a 18.00 h de luns a venres

https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/es/?option=com_content&view=article&id=483

Hispabot-Covid19, canal de consulta do Goberno de España sobre a COVID-19 a través de WhatsApp no teléfono 600 802 802 durante as 24 horas do día:

https://www.lamoncloa.gob.es/serviciosdeprensa/notasprensa/asuntos-economicos/Paginas/2020/080420-consulta.aspx

Biblioteca do BOE: ten publicada unha recompilación de toda a normativa-COVID19

https://boe.es/biblioteca_juridica/index.php?modo=1&tipo=C

Teléfono 017 do Instituto Nacional de CiberSeguridade: para resolver dúbidas sobre xestión axeitada da privacidade e da identidade dixital, contacto con comunidades perigosas, protección ante virus e fraudes dirixidas a menores, uso excesivo de Internet...

https://www.is4k.es/ayuda

Universidade de Santiago de Compostela (USC): a A Oficina de Información Universitaria (OIU) abre un novo canal de consultas por videoconferencia todos os mércores entre de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 19.00 h desde o enlace habilitado na web www.usc.gal/es/servizos/oiu https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/oiu-responde-videoconferencia-dubidas-acceso-titulacions

Universidade de Vigo #ConectaCoSIE: a Sección de Información a Estudantes axúdalle de maneira virtual ao futuro alumnado a solucionar as súas dúbidas sobre o acceso e a matrícula todos os xoves, de 11.00 a 13.00 h

https://www.uvigo.gal/ven-uvigo/centros-secundaria/orientacion-academica/conectacoauvigo/conectacosie

Jóvenes CCOO: teléfono gratuito 900 301 000 e correo-e coronavirus@ccoo.es para atender dubidas laborais relacionadas co coronavirus e información sobre prácticas non laborais, despedimentos, ERTE...

https://jovenesccoo.es/covid19/

Rede EURES España: recompila na súa web toda a información relacionada coa movilidade europea e a crise da COVID-19, e atenden dúbidas no correo buzoneurescomunicacion@sepe.es

http://www.sepe.es/HomeSepe/Personas/encontrar-trabajo/empleo-europa/novedades-eures-covid-19.html

Servizo de Asesoramento Cultural na Cidade da Cultura: novo servizo de asesoramento a empresas e profesionais culturais sobre medidas e axudas fronte á COVID-19, que poderá ser telemático na web https://www.cidadedacultura.gal/ ou presencial no Museo Centro Gaiás os mércoles, xoves e venres de 10.00 a 14.00 h (para o que será necesario pedir cita previa a través do correo asesoramentocultural@cidadedacultura.org)

https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/servizo-de-asesoramento-para-empresas-e-profesionais-culturais

Proxecto Familias en acción, da Fundación Amigó: inclúe guías, vídeos, consulta directa e outros recursos para axudar nos conflitos de convivencia durante o confinamento .

https://fundacionamigo.org/familias-en-accion/

#TeléfonoFad: servizo de información e orientación da Fundación de Ayuda contra la Drogadicción, gratuíto e confidencial e atendido por especialistas en prevención e orientación familiar. Tel.: 900 161 515, whatsapp 681 155 160 ou correo consultas@fad.es de luns a venres de 9.00 a 21.00 h. 

https://www.facebook.com/FadJuventud/photos/a.114441375262461/3093533120686590/?type=3&theater

Fundación ANAR (Ayuda a niños y adolescentes en riesgo): ampliar o horario e atención do Chat ANAR e do Correo ANAR de luns a domingo de 10.00 a 00.00 h.

https://www.anar.org/chat-anar/

Pedagog@s solidari@s: proxecto creado por tituladas/os e estudantes da UNED nos ámbitos da Eduación Social, Pedagoxía, Traballo Social e Psicoloxía, co obxectivo de axudar a todas aquelas familias que están a ter dificultades para atender as súas fillas e fillos, debido ao estado de alarma. Contacto a través do seu perfil en Facebook ou no correo pedagogossolidarios@gmail.com

Afundación: nova teléfono gratuíto 900 815 020 "Acompañámoste", un servizo de atención telefónica atendido por profesionais e persoas voluntarias destinado a calquera persoa maior, sen límite de idade, que desexe conversar, necesite apoio e información

https://www.afundacion.org/es/afundacion-en-casa/linea900-afundacion-acompanamos

Iniciativas cidadás de axuda e colaboración: a Rede de Bibliotecas Municipais recompilou unha morea de diferentes iniciativas postas en marcha na cidade, como as seguintes:

UNIGOW: nova comunidade en liña na que estudantes universitarios/as axudan e orientan a alumnado de 2.º de Bacharelato a atopar a súa carreira ideal

https://unigow.com/

ACTIVIDADES

Programa Coruña Acompaña do Concello da Coruña: actividades dos Centros Cívicos Municipais en liña, con titoriais gravados en Youtube polas profesoras e profesores de pilates, debuxo, baile, novas tecnoloxías, bordado ou estimulación cognitiva abertos a toda a cidadanía

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/actividades

Programa deportivo "En liña" do Concello da Coruña:

https://www.coruna.gal/deportes/gl/actividades/en-lina

Museos Científicos Coruñeses: propoñen actividades diarias nas súas redes sociais

https://www.coruna.gal/mc2/gl/detalle/estamos-nas-nosas-redes-sociais/suceso/1453723514264

e recompilan na súa web unha relación de actividades para facer desde a casa

https://www.coruna.gal/mc2/gl/detalle/actividades-e-lecturas-para-facer-desde-a-casa/suceso/1453723702207?argIdioma=gl

Museo Nacional de Ciencia y Tecnología, MUNCYT: coa campaña #MUNCYTEnCasa ofrecen contido divulgativo na web e redes sociais para desfrutar e consultar desde a casa

http://www.muncyt.es/portal/site/MUNCYT/menuitem.8dbda8254659d9883c791a1801432ea0/?vgnextoid=a9889d89c2f41710VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextchannel=9ec5e42baddea410VgnVCM1000001d04140aRCRD

Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña: ofrece, coa colaboración da Federación Provincial das ANPA, itinerarios virtuais para coñecer a nosa cidade sen saír da casa no blog

https://itinerariosvirtuales.blogspot.com/

Contan tamén cun perfil en Facebook, unha conta en Instagram e unha canle de Youtube no que se publican os vídeos da sección "Sabías que?"

Programa deportivo en liña da Universidade da Coruña:

https://www.udc.gal/gl/covid-19/actividades-en-lina/

Programa deportivo "Móvete connosco na casa" da D.X. Educacón, Formación Profesional e Innovación Educativa: vídeos de actividades físicas deseñadas por especialistas en educación física para ser desenvoltas na casa e destinadas ao alumnado de educación primaria http://www.edu.xunta.gal/portal/moveteconnosconacasa

Turismo de Galicia: experiencias virtuais en 360⁰ polo patrimonio histórico artístico de Galicia

https://www.turismo.gal/planifica-a-tua-viaxe/visitas-virtuais?langId=es_ES

"Muévete en casa", programa de exercicio físico na 2 de TVE

https://www.rtve.es/alacarta/videos/muevete-en-casa/muevete-casa-practica-deporte-cesc-escola-nuevo-programa-2/5543578/

#NósXogamosNaCasa: canle de youtube creada por alumnado de 3º curso do grao en Educación Infantil da USC con recursos educativos e lúdicos en formato audiovisual destinados aos máis pequenos e pequenas da casa

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/usc-achega-recursos-educativos-balde-lina-pequenos-casa

Bibliotecas Municipais da Coruña: as salas infantís das bibliotecas municipais elaboraron unha listaxe completa (dividida en 4 publicacións) con diferentes recursos para que as familias aproveiten o tempo de estar na casa xunto coas máis pequenas e pequenos.

https://bibliotecasinfantiles.com/2020/05/04/aprender-xogando-recursos-para-nais-e-pais-4/

Portal das Palabras: unha iniciativa da RAG e a Fundación Barrié onde, entre outros contidos, teñen una sección na que recompilan todo tipo de xogos con palabras.

https://portaldaspalabras.gal/xogos/

Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego: ofrece na súa web recursos sobre os nosos xogos e xoguetes tradiconais e unha sección con xogos e xoguetes de fabricación caseira para a corentena derivada da COVID-19.

http://www.xogostradicionais.gal/

"Guía de prácticas de Mindfulness para momentos de estrés": guía de iniciación ao mildfulness elaborada polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (inclúe guía e audios para prácticas)

https://copgalicia.gal/guia-mindfulness

XuvenCiencia, o grupo de innovación docente do campus de Lugo da USC. propón retos e creou titoriais na súa canle de Youtube, no seu perfil en Twitter...

https://xuvenciencia.org/

CSIC, programa "Aprende ciencia na casa": inclúe xogos, experimentos e materiais didácticos.

https://www.csic.es/es/agenda-del-csic/aprende-ciencia-en-casa-con-el-csic

Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología: conta de Twitter con experimentos e información científica

https://twitter.com/FECYT_Ciencia

Instituto de Astrofísica de Canarias: difunde na súa web proxectos de astronomía cidadá e divulgación científica durante o illamento

https://www.iac.es/es/blog/vialactea/2020/04/11-proyectos-de-astronomia-ciudadana-y-divulgacion-cientifica-durante-el-aislamiento

Ciencia en casa desde a AECC: obradoiros e actividades para toda a familia, na conta da AECC en Instagram e Facebook, e obradoiros realizados ata agora e materiais extra na súa páxina web: https://www.aecc.es/es/investigacion/ciencia-para-todos

"STEMbyme" da Fundación Telefónica: espazo de aprendizaxe e desenvolvemento de capacidades e habilidades STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, matemáticas e artes) destinado á mocidade maior de 14 anos.

https://www.stembyme.com/?_ga=2.239162123.989485514.1586249116-715068421.1584606689

Asociación Draco, asociación xuvenil da Coruña centrada no ocio altenativo, recompila nas súas redes sociais todo tipo de material de acceso gratuito para entreterse na casa (libros, películas, videoxogos, xogos de mesa e xogos de rol...)

https://es-es.facebook.com/AsociacionDraco

ADEGA: creou unha nova web na que atopar eco-ideas, propostas de actividades relacionadas coa ecoloxía e o coidado ambiental, material divulgativo e experiencias sustentables.

http://euficonacasa.adega.gal/

OMA-UDC: elaborou unha guía de recursos medioambientais para tempos de confinamento, que inclúe materiais didácticos elaborados por diferentes entidades e unha compilación de portais temáticos con diferentes soportes de documentación ambiental: libros, revistas, cinema e recursos audiovisuais.

https://www.udc.es/es/novas/Guia-de-recursos-ambientais-para-tempos-de-confinamento/

CGAI: o programa de pedagoxía do cine e da imaxe en centros educativos "Cinema en curso", presenta na súa web unha selección de propostas para aprender a observar, filmar, fotografar... desde a casa.

https://www.cinemaencurs.org/gl/propostas

Asociación cultural Olloboi: repertorio de recursos didácticos en liña que dan a coñecer o proceso cinematográfico en todas as súas fases:

https://blog.olloboi.com/aprendo-con-olloboi/

Asociación Te veo de artes escénicas para a infancia e a xuventude: comparten na súa web talleres e actividades relacionadas coas artes escénicas e tamén algúns espectáculos.

http://te-veo.org/wordpress/yo-me-quedo-en-casa-con-te-veo/

Aula GaliciaAberta: obradoiros de folclore tradicional galego en liña e gratuítos organizados pola Secretaría Xeral da Emigración (baile galego, gaita galega, percusións de man e canto tradicional e percusión tradicional)

https://emigracion.xunta.gal/actividade/aula-galiciaaberta

FORMACIÓN

Consellería de Política Social: pon en marcha o blog "A Escola Infantil na Casa", contidos e actividades para familias con nenas e nenos de 0 a 3 anos

https://www.escolasinfantisdegalicia.es/aescolainfantilnacasa/

Consellería  de Educación, Universidade e Formación Profesional: novo espazo onde se recollen  servizos dixitais educativos (manuais, canles de comunicación para consultas, comentarios...)

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/servizos-dixitais

Tamén dispoñen de videotitoriais sobre os servizos dixitais educativos para docentes e familias: abalarMóbil, Agueiro, Webs Dinámicas e videoconferencias Webex

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30904

E para a FP, un espazo específico con materiais e recursos didácticos nestes estudos

http://www.edu.xunta.es/fp/materiais-recursos-didacticos-nas-ensinanzas-fp

Na wed da FP tamén se informa de diferentes plataformas que ofrecen acceso gratuíto en liña a software de formación específica, como:

TVG: programación especial educativa na canle 2

http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-g2-emitira-de-de-luns-a-venres-un-bloque-educativo-para-apoiar-os-estudantes-galegos

Portal da Lingua Galega: materiais didácticos para preparar por libre os exames CELGA

www.lingua.gal/portada

Ministerio de Educacion y FP: nova web na que recolle material para traballar nun entorno dixital destinado tanto a docentes, como a familias ou a CCAA

https://aprendoencasa.educacion.es

Tamén ofrece materiais educativos a través de:

Aula Méntor: Retos LSE "Hablemos con las manos", pequenos materiais publicados nas súas redes sociais en forma de vídeos, imaxes e actividades para adentrarse no coñecemento da Lingua de Signos Española

https://twitter.com/AulaMentor_sede/status/1252165049592020992

TVE: emite "Aprendemos en casa", unha iniciativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional para facilitar a educación dende a televisión pública

https://www.rtve.es/rtve/20200320/rtve-aprendemos-casa/2010489.shtml

Aulas Galegas, portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores que ofrecen contidos educativos de calidade para as etapas de infantil, primaria,secundaria e bacharelato

http://aulasgalegas.org/

Portal "Conectad@s: la universidad en casa": proxecto de Crue Universidades Españolas e do Ministerio de Universidades, e deseñado pola UNED e a UOC e coa contribución de todas as universidades españolas. Ofrece ao personal investigador e docente e ao estudantado un amplo repertorio de materiais dixitales e contidos en aberto de distintas áreas de coñecemento

https://www.uned.es/universidad/inicio/uned_uoc_solidaria.html

Universitarios contra la Pandemia: proxecto formado por voluntarios universitarios que axuda de forma gratuita a alumnos de primaria e secundaria mediante clases online e materiais de reforzo

https://www.universitarioscontralapandemia.es/

Banco de apuntes para estudiantes Mancomún: ferramenta impulsada por ANEGA (Asemblea Nacional das Estudantes Galegas) mediante a que se pretende construír un banco de apuntamentos colectivo entre o estudantado galego

https://www.anegamancomun.com/

Plataformas de formación online: aínda que funcionan durante todo o ano, nestes momento podemos sacarlles moito máis partido:

MOOC, cursos en liña gratis ofertados pola mellores universidades do mundo:

No CMIX temos recopilado un completo directorio de entidades, plataformas e buscadores de formación on line de todos os ámbitos do coñencemento, cunha sección específica dedicada ao aprendizaxe a distancia de idiomas: podes consultala no seguinte enlace 

E non esquezas estar pendente das novidades de cursos a distancia ofertados polas diferentes entidades de formación na sección CONVOCATORIAS da nosa web

Diferentes editoriais ofrecen acceso gratuito aos seus contidos dixitais:

CULTURA E LECER

Concellería de Educación e Cultura do Concello da Coruña: co hashtag #corunaencasa, difunden nas redes sociais (Facebook e Twitter) a programación das Bibliotecas Municipais, os Museos Científicos, a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Banda Municipal de Música, o Teatro Rosalía Castro, o Teatro Colón, o Museo Arqueolóxico, as casas museo e exposicións en xeral

https://twitter.com/hashtag/Corunaencasa

Bibliotecas Municipais da Coruña:  #Bibliotecanacasa oferta a través da web e redes sociais plataformas de préstamo e descarga de lecturas, cine en streaming, playlist e podcast... clubs de lectura virtuais abertos á cidadanía, sesións de contos, etc. e información sobre oferta cultural nos blogs Fancomic, Bibliosons, Blog de literatura e Blog de literatura infantil e xuvenil

https://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/actividades/actividades-destacadas-2020/estamos-abertos-na-biblioteca2-0

Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña: permite o acceso libre ao catálogo virtual da biblioteca e tamén aos clubs de lectura virtuais

http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/a-ebibliodacoruna-aberta-descarga-libremente-a-nosa-biblioteca-dixital/

Bibliotecas Públicas de Galicia: GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico, ábrese agora a toda a poboación e de xeito gratuíto

https://www.galiciale.gal/ 

Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia: lanza a campaña #aculturasegue, coa que achega por medio das redes sociais programación cultural dos museos, bibliotecas, teatros, arquivos e parte do sector cultural galego

https://www.cultura.gal/aculturasegue

https://twitter.com/hashtag/aculturasegue

Consello da Cultura Galega: crean a serie #culturanacasa na que informan novos contidos culturais galegos e en galego (reportaxes, especiais, fondos audiovisuais, visitas virtuais ao patrimonio galego..)  para disfrutar sen saír da casa

http://culturagalega.gal/tematica.php?tematica=culturanacasa

Ministerio de Cultura y Deporte: pon en marcha a campaña #laculturaentucasa para fomentar o uso dos recursos culturais existentes en Internet

http://www.culturaydeporte.gob.es/actualidad/2020/03/laculturaencasa.html

Hispana: portal de acceso en liña ao patrimonio dixital das coleccións dixitais de arquivos, bibliotecas e museos españoles

https://hispana.mcu.es

AC Alexandre Bóvedra: recopila na súa web recursos para ler en galego desde a casa

https://www.acalexandreboveda.gal/ler-en-galego-desde-a-casa/

TVE: acceso a películas de balde

https://www.rtve.es/television/20200313/peliculas-cine-gratis-online-para-pasar-cuarentena-streamming/2010016.shtml

https://www.rtve.es/television/somos-cine/

Novo Cinema Galego: oferta un ciclo de filmes galegos en aberto

http://novocinemagalego.info/10anosncg/

Nós Televisión: documentais galegos en aberto

nostelevision.gal/tema/documental/

CREA Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización: abre para o visionado íntegro máis de 150 títulos audiovisuais galegos, longas e curtas, ficción e documentais

http://www.crea.gal/

Socias/os da SGAE, artistas e creadores de todas as disciplinas amosan as súas iniciativas para ofrecer entretemento  de maneira gratuitia na rede:  http://www.sgae.es/es-ES/SitePages/EstaPasandoDetalleActualidad.aspx?i=6410&s=1&p=1

Fundación Arquia: ofrece unha selección de contidos abertos dispoñibles na súa plataforma, como o visionado de películas e documentais sobre cine e arquitectura e a descarga gratuita de libros

https://fundacion.arquia.com/noticia/centro-de-documentaci%C3%B3n/ciclos/yo-me-quedo-en-casa/

Filmoteca Española: proxecto #EducaFilmotecaEnCasa, permite participar a docentes e estudantes de toda España en sesiones educativas de cine español de forma online que inclúen unha proxección e coloquio posterior

https://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/areas/cine/mc/fe/comunes/noticias/2020/05/educafilmotecaonline.html

Versión Valdeorras: iniciativa de cineastas da comarca para poder visionar online películas documentais e de ficción realizadas na zona, como Santoalla, Pradolongo ou Os Fillos da Vide

https://versionvaldeorras.com/

Festivales Renoir #YoMeQuedoEnCasa: Cines Renoir organiza cada semana un festival de cine online e gratuito e todos os venres unha xornada dedicada ás curtametraxes

https://lagranilusion.cinesrenoir.com/festivales-renoir-yomequedoencasa/

DUPLEX na Casa: iniciciativa de Duplex Cinema na que se oferta a posibilidade de ver películas de estrea (de pago) xunto con outro títulos dispoñibles en liña de maneira gratuíta na web de DUPLEX

https://duplexcinema.com/es/ciclo/duplex-na-casa

Premios Fugaz: programan cada día as 19.00 h. no seu perfil en Facebook a emisión dun dos cortos nominados aos premios e despois un encontro virtual:

https://www.facebook.com/cortoespana

Portal web Open Culture: máis de mil películas dispoñibles gratuitamente en liña, clásicos, indies, cine negro, documentais... e ,entre outras, unha recopilación de 65 películas de Charles Chaplin

http://www.openculture.com/freemoviesonline

Programa Musicalízate da Orquestra da USC: a través dun canal de youtube os seus integrantes ensinan onceptos básicos da música

https://www.facebook.com/orquestausc/

Festivais de música en streaming YomequedoencasaFest e CuarentenaFest: breves directos de diferentes músicos a través das súas redes sociales. En Galicia temos as iniciativas do Fica Na Casa Fest

Tamén hai buscadores de festivais virtuais e e concertos en streaming por todo o mundo, como:

www.festicket.com/es/magazine/features/livestream-concerts

Stingray Qello: é a colección máis grande do mundo de concertos de larga duración e documentais musicales e durante esta temporada oferta conciertos gratuitos para ver desde casa

https://qello.com/browse/popular?genre=free%20concerts&feature=stayhome_2020

Centro UNED A Coruña: lista de reproducción en youtube a actividades culturais e conferencias

https://www.youtube.com/playlist?list=PLzIpqhabajgR-nXxY0784hiXeFfsQXS5L

TEDx Galicia: un programa de conferencias locais e organizadas de forma independente que permiten gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED

http://www.tedxgalicia.com/speakers/

Afundación presenta "Afundación en casa", un fondo aberto de recursos educativos, sociais, culturais, emisións en directo, ...

https://www.afundacion.org/es/afundacion-en-casa

A Fundación Barrie ofrece visitas guiadas virtuais á exposición de Chagall

https://es-es.facebook.com/fundacionbarriedelamaza

O Museo de Belas Artes permite ver en superalta resolución unha selección de obras singulares da colección cunha aplicación aplicación móbil

Tamén crearon a web http://www.belasartesnacasa.es/ na que reúnen un conxunto de materiais educativos online sobre a figura de Luis Seoane, destinados a nenos/as de 6 a 12 anos

Visitas virtuais aos grandes museos do mundo: Museo do Prado, Museo Reina Sofía, Museo Thyssen, Museo do Louvre, Museo Vaticano, Galerías Uffizi, British Museum, Metropolitan Museum of Art de Nova York, Rijksmuseum de Amsterdam

EUCultureFromHome: web colaborativa con eventos culturais, visitas a museos e ao patrimonio de ciudades europeas en liña

https://culturalgems.jrc.ec.europa.eu/culture-from-home-initiatives

Oral Memories: proxecto do Ministerio de Cultura que naceu co obxectivo de dar voz aos artistas contemporáneos. Unha plataforma para a promoción e difusión dos artistas emerxentes e media carreira españois que recolle entrevistas en formato audiovisual de 8 min. onde expoñen as súas formulacións estético‐conceptuais

https://oralmemories.com/artista

#DaMIñaCasaÁTúa: iniciativa con contidos elaborados por diversas persoas dedicadas ao ámbito da cultura en Galicia (música, danza, interpretación, imaxe, comedia, artes...) para pasar mellor estes  días  na casa

https://www.facebook.com/Da-mi%C3%B1a-casa-%C3%A1-t%C3%BAa-107057164260597/

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión