Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Programa de turismo interior Elixe Galicia. Estadías de lecer para a mocidade, familias e maiores

A Axencia de Turismo de Galicia convoca a concesión de prazas para o programa de turismo interior Elixe Galicia de estadías de lecer para a mocidade, familias e maiores.

Inscricións:

Dende o 01/10/2020 ata o 02/11/2020

Prezo:

  • Vacacións en zonas costeiras: 180 euros
  • Rutas de patrimonio histórico e cultural: 129 euros 
  • Rutas de natureza e montaña: 129 euros 
  • Estadías en balnearios: 222 euros

Requisitos:

  • Estar empadroado en algún dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia con unha antigüidade mínima de dous anos.
  • Solicitar praza para destinos distintos a súa provincia de residencia, salvo que non exista oferta nesa provincia.
  • Poder valerse por si mesmos para realizar as actividades básicas da vida diaria, coa excepción das persoas con discapacidade nas condicións especificadas para cada colectivo. 
  • Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
    • A) Maiores: Ser pensionista de xubilación do sistema de seguridade social español, ser pensionista de viuvez con 55 ou máis anos de idade do sistema de seguridade social español, ser pensionista por outros conceptos do sistema de seguridade Social español ou perceptor de prestación, subsidios de desemprego con 60 ou máis anos de idade, ser asegurado ou beneficiario do sistema de seguridade social español con 65 o máis anos de idade. Tamén se considerarán persoas beneficiarias, os/as cónxuxes ou parella e os/as fillos/as con discapacidade, en grado igual o superior ao 33 % sempre que a viaxe se realice cos seus pais. 
    • B) Mozos/as menores de 30 anos: As solicitudes para este colectivo poderán ser individuais ou colectivas no caso de que se unan ata 4 solicitudes. Do total das prazas destinadas ao colectivo de mozos/as destinarase un 10 % a persoas con discapacidade, en grado igual ou superior ao 33 % que poderán ir acompañados/as doutro mozo/a menor de 30 anos que se aloxe na mesma habitación e a atención requirida na estancia poida ser dispensada polo acompañante a cuxo cargo viaxan. 
    • C) Familias con fillos/as menores de idade: Os fillos menores entre 0-3 anos non ocuparán praza. Terán a condición de beneficiarios os/as fillos/as entre 4 e 18 anos, os fillos/as e ascendentes con discapacidade en grado igual o superior ao 33 % sempre que a viaxe a realicen cos seus pais/fillos/as. Do total das prazas destinadas ao colectivo de familias con fillos/as menores de idade, reservarase un 10 % do total para familias numerosas.
  • As solicitudes presentaranse nas axencias comercializadoras do programa.

Páxina web:

www.turismo.gal

Contacto:

Axencia de Turismo de Galicia

A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3. 15896 Santiago de Compostela

Teléfonos 981 54 25 51 e 981 95 70 63

Enderezo electrónico: fomento.turismo@xunta.gal

Publicación: 

DOG 03/02/2020 

DOG 28/07/2020  (Modifica a Resolución pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas para o programa de turismo interior Elixe Galicia) 

Para o ano 2021 o programa desenvolverase entre o 10 de marzo e o 30 de novembro, por quendas que agrupen ás persoas beneficiarias por modalidade e colectivo, agás no período comprendido entre o 21 de xuño e o 10 de setembro, a Semana Santa, pontes ou festivos. O programa constará de catro modalidades: Vacacións en zonas costeiras, Rutas de Patrimonio Histórico e Cultural, Rutas de Natureza e Estadías en Balnearios. Todas as viaxes do programa realizaranse preferentemente en provincias distintas ás de orixe co obxectivo de dar a coñecer as particularidades de cada zona do territorio galego a toda a cidadanía.

Procedementos:

  • TU404A: colectivo de maiores.
  • TU404B: colectivo de mozos/as menores de 30 anos.
  • TU404C: colectivo de familias.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión