Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Desde el 26/01/2026 hasta el 21/02/2026
Hasta el 21/01/2026
D-teach online school organiza Europe101 un programa gratuito de liderazgo en línea para juventud de entre 16 y 30 años de todo el continente.
Hasta el 29/01/2026
ata as 14:00 h.
A Deputación da Coruña, co obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, convoca catro programas de difusión cultural: Escena ao Vivo!, Visións, Alicerce e Lingua a escena!.
Hasta el 08/01/2026
La Universidad Autónoma de Madrid convoca pruebas selectivas para cubrir siete plazas para el ingreso en la Escala Administrativa, por el sistema de concurso-oposición.
Hasta el 09/01/2026
El Ayuntamiento de Montellano convoca la XXXIV edición del Certamen de Pintura “Villa de Montellano”.
Hasta el 30/12/2025
O Centro Tecnolóxico do Mar- Fundación Cetmar convoca proceso selectivo para a contratación temporal dun Técnico ou Técnica Superior para dar apoio no proxecto "Servizo de Implantación dos Módulos de Inglés Profesional no Instituto Galego de Formación en Acuicultura- IGAFA, para o curso 2025-2026". O proceso selectivo revestirá a modalidade de concurso que se complementará cunha entrevista persoal.
Desde el 22/01/2026 hasta el 26/02/2026, los martes y jueves
¿Te gustaría aprender a diseñar como un/a profesional, creando contenido visual atractivo y efectivo de manera sencilla y práctica desde el primer día? En este curso aprenderás a usar Canva, una herramienta intuitiva que te permitirá diseñar desde infografías hasta vídeos.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible