Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

45 resultados

  • Concurso fotográfico do Calendario Municipal 2027

    Páxina do mes de xaneiro do 2026 do calendario municipal

    Inscricións:

    Ata o 23/10/2026

    O Concello da Coruña convoca unha nova edición do concurso fotográfico para seleccionar as imaxes actuais que formarán parte do Calendario Municipal 2027. A iniciativa está aberta á participación da cidadanía e busca poñer en valor o patrimonio cultural, histórico, natural e paisaxístico da cidade a través da fotografía.

  • Galetiktokers

    Portada evento

    Inscricións:

    Ata o 30/10/2026

    O Concello de Ames, a través dos departamentos de Mocidade e Normalización Lingüística, convoca a sétima edición do Certame Galetiktokers, unha iniciativa destinada a fomentar a creatividade en lingua galega.

  • I Edición do Premio de Pódcast «Transmitindo na Lingua Galega»

    Icono semellante a un play, onda de audio en cor vermella e mirófono, todo sobre fondo cuadriculado

    Cando:

    até as 14:00 h.

    Inscricións:

    Ata o 18/12/2026

    A Deputación da Coruña convoca a I Edición do Premio de Pódcast «Transmitindo na Lingua Galega», que recoñece e promove a creación de contidos sonoros en lingua galega.

  • Certame literario xuvenil "Relatos da liberdade"

    Cartaz do evento. Fondo branco e negro co nome do certame en amarelo. O fondo correspóndese con imaxes de persoas

    Inscricións:

    Ata o 20/11/2026

    ás 14:00 h

    A Delegación do Goberno en Galicia convoca o concurso de relato curto “Relatos da liberdade”, co obxectivo de fomentar a creación literaria e achegar á mocidade os valores da democracia, os dereitos e as liberdades.

  • XIX Premio de Relato Curto Alumni USC

    Libro aberto con bolígrafo e letras. Información escrita do certame

    Inscricións:

    Ata o 20/11/2026

    A Asociación de Antigo Alumnado e Amizade da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC) convoca o XIX Premio de Relato Curto, aberto ao público en xeral, para recoñecer unha obra literaria inédita escrita en lingua galega.

  • XXXIII Concurso de noveis deseñadores de moda en Camariñas

    Palilleira

    Inscricións:

    Ata o 01/12/2026

    O Concello de Camariñas convoca o XXXIII Concurso de Noveis Deseñadores de Moda, cuxo obxecto é fomentar e promocionar a aplicación do Encaixe de Camariñas na moda concedendo 4 premios ás mellores coleccións de deseño de moda.

  • VIII Premio Daniel Domínguez de Guión en Galego para Longametraxe

    Bolígrafo azul sobre libreta cuadriculada

    Inscricións:

    Ata o 15/10/2026

    A Asociación Sindical Galega de Guionistas, AGAG, convoca o VIII Premio Daniel Domínguez de Guión en Galego para Longametraxe.

  • Premios nacionais Consumópolis curso académico 2026-2027

    Consumópolis logo

    Inscricións:

    Dende o 05/10/2026 ata o 01/03/2027

    O Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 convoca os premios nacionais do concurso escolar Consumópolis para o curso académico 2026-2027 que ten como obxectivo favorecer a aprendizaxe de conceptos, procedementos e actitudes que posibilitan a construción dunha sociedade de consumo cada vez máis xusta, solidaria e responsable.

  • XXXVIII Concurso Novos Creadores 2026

    Cartel do concurso

    Inscricións:

    Ata o 30/12/2026

    Benidorm convoca a XXXVIII edición do Concurso de Novos Creadores de Pintura e Escultura, unha iniciativa da Concellaría de Mocidade dirixida a novos artistas.

  • Concurso de fotografía José Gestal «Cardoña»

    Diaframma fotografia

    Inscricións:

    Ata o 15/12/2026

    A Asociación Cultural Cultura Aberta de Carral convoca o I Concurso de Fotografía José Gestal “Cardoña”, co obxectivo de reivindicar a figura e a obra deste fotógrafo histórico e representativo de toda unha época da cultura galega.

resultados 45

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión