Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

No marco desta acción, as organizacións e grupos informais de mozos poden recibir apoio para executar proxectos que reúnan a mozos de distintos países para intercambiar impresións e aprender á marxe do seu sistema educativo formal.

Os intercambios xuvenís son reunións de grupos de mozos de polo menos dous países diferentes que se reúnen durante un breve período para executar conxuntamente un programa de aprendizaxe non formal (unha combinación de talleres, exercicios, debates, xogos de roles, simulacións, actividades ao aire libre, etc.) sobre un tema do seu interese inspirado nas Metas da Mocidade Europea

¿Que se entende por grupo informal?

Grupo formado por polo menos 4 mozos de entre 13 e 30 anos de idade. Un dos membros do grupo con polo menos 18 anos de idade asumirá o papel de representante e a responsabilidade do grupo

¿Que idade deben ter as persoas participantes?

Persoas novas de entre 13 e 30 anos de idade (idade mínima e máxima no momento de comezar a actividade), residentes nos países das súas organizacións de envío e de acollida. Os líderes de grupo e os facilitadores que participen deben ter polo menos 18 anos.

¿Canto pode durar o proxecto?

Entre 3 e 24 meses.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión