20 resultados

15/10/2026
No marco do ciclo NEXOS, a Asociación Cultural AÏS organiza unha nova sesión dedicada á activación cultural, á investigación musical e á reflexión arredor da nosa memoria histórica. A Casa Museo Casares Quiroga acollerá o concerto e coloquio do guitarrista e investigador Samuel Diz, quen presentará o seu proxecto "A guitarra de Lorca".

Dende o 02/10/2026 ata o 30/10/2026
O Jazz Filloa presenta a súa programación de concertos e jam sessions para o mes de outubro, con diferentes propostas de música en directo.

A Fundación Manuel María inaugura o 6 de outubro un novo equipamento cultural na Coruña, o Espazo Cultural Manuel María, que inicia a súa andaina co obxectivo de converterse nun lugar de encontro e difusión da cultura galega. O novo espazo presenta así as súas primeiras propostas para o curso 2026-2027, dando comezo a unha nova etapa de actividade cultural da Fundación.

Os días 28 de outubro, 18 de novembro e 16 de decembro de 2026, e 20 de xaneiro, 17 de febreiro, 17 de marzo, 21 de abril, 19 de maio e 16 de xuño de 2027.
A Orquesta Sinfónica de Galicia e Afundación presentan a Tempada de Abono Música de Cámara 2026-2027, un ciclo de nove concertos que se desenvolverá entre outubro e xuño na Sede Afundación da Coruña. A tempada enmárcase tamén no programa Cultura por Alimentos, polo que se anima ás persoas asistentes a colaborar cos Bancos de Alimentos locais achegando produtos non perecedoiros á entrada dos concertos.

Dende o 02/10/2026 ata o 31/10/2026
A Sala Filomatic presenta a súa programación de concertos para o mes de outubro, cunha carteleira chea de diferentes estilos.

Dende o 14/11/2026 ata o 19/11/2026
Volve o Festigual un ano máis, celebrando este 2026 dez anos de cultura, inclusión e diversidade. Música, teatro, danza, cinema, artes visuais e novas experiencias nun festival feito para todas.

Dende o 02/10/2026 ata o 31/10/2026
A sala Mardi Gras presenta a súa programación de música en directo para o mes de outubro, con concertos de diferentes estilos e propostas nacionais e internacionais.

Dende o 02/10/2026 ata o 31/10/2026
A sala Garufa Club presenta a súa programación de concertos e espectáculos para o mes de outubro.

O domingo 11 e o venres 30 de outubro de 2026.
Dentro do marco da exposición «Habana Mater», o Museo de Belas Artes da Coruña organiza dous concertos relacionados coa mostra, que achegarán ao público diferentes propostas musicais vinculadas á cultura e á identidade cubanas. As actuacións complementarán os contidos da exposición e permitirán explorar, a través da música, os vínculos culturais entre Galicia e Cuba.

Dende o 14/11/2026 ata o 28/11/2026, os sábados
O ciclo Butaca de Jazz chega á súa sétima edición cunha programación de tres concertos na Sede Afundación A Coruña. O auditorio acollerá unha proposta que fusiona o jazz tradicional e o contemporáneo, con artistas proxección internacional.
resultados 20
Dende o 05/10/2026 ata o 27/10/2026
Dende o 09/10/2026 ata o 31/10/2026
Dende o 04/10/2026 ata o 30/10/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible