Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Colaxe mixta

Inauguración da exposición “Colaxe mixta” na sala Plataforma14 do Fórum Metropolitano.

Cando:

Dende o 07/02/2020 ata o 12/03/2020

Este evento xa rematou

Horario:

de luns a sábados de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h

Enderezo:

Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

de balde

Páxina web:

www.coruna.gal/cmix/plataforma14

Contacto:

Centro Municipal de Información Xuvenil 

Fórum Metropolitano

R/ Río Monelos, 1 (15006 A Coruña)

Tel.: 981 184 294

correo-e: cmix@coruna.es 

A sala de exposicións Plataforma14 acolle a exposición "Colaxe Mixta" da artista Miryam Pato (Ourense, 1985).

A proposta expositiva contempla unha serie de pezas plásticas, multimedia e escultóricas, traballadas baixo a técnica da colaxe analóxica. Como nun exercicio de reciclaxe, a artista rescata imaxes para darlles un novo sentido, revalorizandoas ata convertilas nunha peza artística.

As novas formas, buscan continuidade, por medo do contraste da luz, das cores e das texturas.

Miryam Pato é unha artista multidisciplinar nada en Ourense, e residente na Coruña, onde se formou en diferentes campos do sector audiovisual e das artes plásticas. Na actualidade experimenta novas técnicas, para  o desenvolvemento de colaxes animados.

A exposición poderase visitar do 7 febreiro ata o 12 de marzo no Fórum Metropolitano.

A sala Plataforma14, que está coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade.

Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.gal/cmix/plataforma14

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión