Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
No ámbito da mocidade, o programa Erasmus+ ofrece a oportunidade de realizar intercambios xuvenís. Os Intercambios xuvenís permiten a grupos de mozos de diferentes países reunirse e convivir ata un máximo de 21 días. Durante os Intercambios xuvenís, os participantes desenvolven un programa que planifican xuntos ao redor dun tema de interese mutuo (unha mestura de talleres, exercicios, debates, simulacións, xogos de rol, actividades ao aire libre, etc.). O proceso de aprendizaxe realízase a través de métodos de educación non formal e baséanse na cooperación transnacional entre dúas ou máis organizacións participantes de diferentes países da Unión Europea e fóra dela.
¿Quen pode participar?
¿Canto dura unha actividade de intercambio?
De 5 a 21 días, excluído o tempo de viaxe. A duración da actividade é diferente á duración do proxecto en si, que oscila entre un mínimo de 3 meses e un máximo de 24 meses.
¿Como pode unha organización presentar unha solicitude?
Debe esperar a que se abra unha das tres convocatorias anuais, pero antes de encher unha solicitude, todas as organizacións que desexen participar en Erasmus+ deberán rexistrar a súa organización no Servizo de Autenticación da Comisión Europea (ECAS). Tes toda a información picando aquí.
¿Como se pode atopar un socio para un proxecto?
A través da plataforma OTLAS que é unha ferramenta online para organizacións no ámbito da mocidade. Nela poden rexistrar os seus datos de contacto e ámbitos de interese, así como as súas peticións de socios/interlocutores para ideas de proxectos.
MÁIS INFO:
Dende o 01/03/2021 ata o 22/03/2021
Os días 27/02/2021 ás 08:30 , 13/03/2021 ás 08:30
Dende o 08/02/2021 ata o 12/02/2021
Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)
Fórum Metropolitano
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible