A sala Plataforma14 acolle a exposición fotográfica "Wheels and Photos".
Para público en xeral
Dende o 05/09/2016 ata o 29/09/2016
Xa rematou
Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
de balde.
CMIX, Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña
Fórum Metropolitano
r/ Río Monelos, 1
15006 - A Coruña
Tfno: 981 184 294
cmix@coruna.es
A exposición é a selección de 30 fotografías que o seu autor David Mateo Martínez realizou ao longo destes últimos anos, e reflicte o rexurdir da moto clásica na actualidade e a paixón que este mundo esperta en contornas moi diversas. Para iso documentáronse todo tipo de situacións, desde carreiras en Galicia até reunións cafe racer en Francia, pasando polas concentracións deste tipo de vehículos que podemos ver en practicamente calquera cidade.
Para conseguir unha composición acorde co que se tenta transmitir nas fotos, buscouse unha técnica que ben nos pode facer rememorar unha época clásica, usando o branco e negro ou retratando situacións propias de hai anos, como pode ser arrincando unha moto a patada ou ambientacións retro con motos feitas de maneira artesanal polos seus donos.
A exposición poderase visitar do 5 ao 29 de setembro na sala Plataforma14 do Fórum Metropolitano da Coruña.
A sala Plataforma14, pertencente a Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade. Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.es/cmix/plataforma14.
Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (bacharelato): até 10 de xuño de 2024.
Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación: até 21 de xuño de 2024.
Dende o 30/04/2024 ata o 13/09/2024
Ata o 08/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible