Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Hasta el 02/03/2026
A Universidade da Coruña convoca axudas destinadas ao estudantado matriculado no curso 2025/26 na UDC co fin de contribuír a paliar as dificultades económicas que lle impidan continuar os estudos conducentes á obtención dun título universitario oficial de grao ou máster.
Hasta el 31/01/2026
O Concello da Estrada, xunto coa Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convocan a sexta edición do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado.
Desde el 07/01/2026 hasta el 29/01/2026
Consultar datas de inscrición de cada curso.
A aula CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) presenta a oferta de cursos presenciais que terán lugar no mes de xaneiro na aula CeMIT Eirís. Tamén horario de atención presencial na Aula Aberta.
20/12/2025
Dentro do ciclo "Coruña República Musical", que conta co apoio da Concellaría de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, a República Musical Mardi Gras organiza a última formación do 2025. Será na sala Mardi Gras: "Obradoiro de guitarra acústica impartido por Luís Tinaquero".
Hasta el 26/12/2025
Procesos selectivos, por concurso-oposición libre, para a creación de bolsas de emprego ou listaxes de reserva de persoal funcionario interino: operario ou operaria de vías públicas e conserxe.
Desde el 23/02/2026 hasta el 02/03/2026
Desde el 19/01/2026 hasta el 06/02/2026
As III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e ensinos Artísticos (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible