Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Espazo Xuvenil O Remanso

Un novo espazo xuvenil no corazón da cidade

O novo Remanso, no barrio de Catro Camiños, xurde como un punto de encontro para as novas xeracións, unha nova alternativa de ocio deseñada especialmente para a mocidade, no que poderán desenvolver actividades e pasar o seu tempo de lecer. Este espazo xuvenil, que abrirá todos os días do ano, ademais de abrir as instalacións para o uso da xente nova, ofrecerá actividades lúdicas, deportivas e culturais á mocidade que serán totalmente de balde.

O espazo, xestionado polo servizo de Mocidade do concello contará cunha equipa de dinamizadores/as xuvenís que acompañarán a apertura do equipamento e traballarán, coa xente moza, na creación e planificación de proxectos e actividades.

A distribución dos espazos no novo Remanso

O novo Remanso, concibido para albergar actividades xuvenís organizadas tanto polo Concello como polos colectivos da mocidade coruñesa, foi financiado con fondos FEDER, cun investimento de case 360.000 euros na infraestrutura en si e cun investimento de outros 90.000 euros en mobiliario e material electrónico.  

Divídese en dous andares: no soto conta cunha sala, dotada de equipamento informático, que pode ser utilizada pola mocidade como espazo informal de traballos grupais; a planta baixa, por outra banda, conta cunha sala multiusos na que se poderán levar a cabo todas as actividades deseñadas e planificadas polas persoas usuarias.

Ademais, o Remanso conta cun equipo de dinamización encargado de xestionar o espazo, así como de acompañar a aquelas agrupacións de rapazas e rapaces que den o paso de organizar actividades por iniciativa propia.

Os horarios

Inverno (dende o 1 de outubro ao 31 de maio):

  • Luns, mércores, venres, sábado e domingo: de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 22:00 h.
  • Martes e xoves de 17:00 a 22:00 h. 

Verán (dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro):

  • De luns a venres: de 17:00 a 23:00 h.
  • Sábado: de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 22:00 h.
  • Domingo: pechado.

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión