Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Programa Nocturnia

Nocturnia é o programa de lecer saudable que ofrece a área de Benestar Social a través do departamento municipal de Mocidade e que conta co financiamento do Ministerio de Sanidade a través do Plan nacional sobre Drogas.

É un programa que concibe un novo uso do chamado tempo libre, entendido como unha vivencia gratuíta, libre e enriquecedora.

A realización do programa distribúese ao longo do ano en dúas edicións deixando entre elas espazos para o deseño, planificación, debate e avaliación de cada edición.

1ª Edición: de febreiro/marzo a xullo

2ª Edición: de outubro a decembro

Os inicios e peches das edicións poden moverse para adaptarse ás circunstancias e contextos diferentes.

Obxectivos

Será un fin deste programa fomentar propostas de lecer participativo, socioeducativo, de carácter lúdico e aberto nas que poder aproveitar o potencial educativo do lecer para:

  • Facilitar o acceso a propostas de lecer alternativo, xerador de hábitos saudables e de vida activa entre a poboación xuvenil.
  • Favorecer o achegamento a novas propostas artísticas, deportivas, formativas etc... co fin de espertar novos intereses e afeccións
  • Xerar procesos lúdico-educativos que favorezan o desenvolvemento persoal dos mozos.
  • Favorecer a implicación e involucración do tecido asociativo da cidade, así como das entidades de ámbito sociocultural.
  • Fomentar o uso e a optimización dos recursos municipais e equipamentos urbanos.

O programa preséntase, durante o ano, en 2 edicións cunha duración de entre 9 e 10 meses, nas que se ofertan ao redor de 4.000 prazas en actividades multidisciplinares gratuítas para a mocidade.

Persoas destinatarias

O programa Lecer Saudable Nocturnia vai dirixido a mozos entre 12 e 30 anos. Nas últimas edicións hai unha vontade de desenvolver e reforzar actividades dirixidas especificamente ao tramo que vai desde os 12 aos 17 anos, nas que o modelo de lecer nocturno non está consolidado, dando prioridade á educación para o lecer e creando un abano de posibilidades que lles permita nun futuro diversificar as súas opcións e contar con máis alternativas para o seu tempo libre. Estas actividades concéntranse en horarios máis temperáns ou diúrnos, tratando de conxugalas co seu público obxectivo.

Custo

O custo é gratuíto para as persoas participantes inscritas previamente nas actividades.

Onde podo ver información do programa

Toda a información do programa podar atoparse en diferentes medios e formatos facilitando o acceso a información a todas as persoas destinatarias.

Web e redes sociais

Web de información: www.coruna.gal/nocturnia

Instagram: @nocturniacoruna

Facebook: Nocturnia Concello da Coruña

X: @NocturniaCoruña

Cartelaría e folletos

A cartelaría e folletos do programa está dispoñible en:

  • Espazos municipais de Información Xuvenil
  • Espazo de Iniciativas Xuvenís
  • Ágora Centro Sociocultural
  • Fórum Metropolitano
  • Rede de Centros Cívicos Municipais
  • Rede de Bibliotecas Municipais
  • Palacio dos Deportes de Riazor
  • Cidade Deportiva da Torre de Hércules
  • Rede de instalacións Deportivas Municipais
  • Centros de Educación Secundaria Obrigatoria
  • Centros de Formación Profesional
  • Universidade da Coruña
  • Tecido asociativo dá cidade

Espazos onde se desenvolven as actividades

As actividades realízanse en diferentes espazos segundo a súa natureza, co fin de achegar a todos os barrios da cidade as diferentes propostas enmarcadas en Nocturnia.

Algúns dos espazos nos que se desenvolven as actividades son:

  • Espazo xuvenil Remanso
  • Espazo xuvenil Naves do Metrosidero
  • Ágora Centro Sociocultural
  • Fórum Metropolitano
  • Espazo de Iniciativas Xuvenís (EIX)
  • Palacio dos Deportes de Riazor
  • Cidade Deportiva de Riazor
  • Polideportiva San Francisco Xabier
  • Polideportiva Novo Mesoiro
  • Centros Cívicos Municipais
  • Centros Social Sagrada Familia
  • Espazos urbanos_Praia do Orzán
  • Espazos urbanos_Praia de Oza
  • Espazo urbanos_Cidade Vella
  • Espazos urbanos_parque de Santa Margarida
  • Espazos TEU

Entidades colaboradoras

Algunhas das entidades que colaboraron nas últimas edicións de Nocturnia son:

  • Asociación Cultural Draco
  • Asociación Movemento Xove
  • The Cutarc Team
  • Asocaición Cultural Vella Escola
  • Asociación Coruñesa de Jugger
  • Agrupación de Montañeiros Independentes
  • Asociación Cultural Manicómicos
  • Galicia Rollers
  • Asociación Cultural Zalaeta
  • Asociación Cultural Scénica
  • Asociación Cultural Capoeira Coruña
  • Asociación Quidditch Muggle Dementores Coruña
  • Colectivo D-Xenera
  • Colectivo Serial Experiments
  • Asociación Deportiva e Cultural Alquimia
  • Asociación North Element
  • Asociación Polbo Ultimate
  • Club de Esgrima 100Tolos
  • Sociedade Deportiva As Xubias
  • Asociación Juan de Lángara
  • Asociación Ou Puntal
  • Club The Cutarc Team
  • Club de Patín Brigantium
  • Colectivo Zumba Galicia
  • Club de Aikido Mancontro
  • Centro Quérote+
  • COF
  • Cruz Vermella Xuventude

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión