Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

A Radio Conta

Como cada Nadal volve "A Radio Conta", o programa conxunto das emisoras da Coruña chega á súa 13ª edición. Nesta ocasión, o recadado doarase á asociación sen ánimo de lucro ACCEM, que traballa na inserción social e laboral de persoas migrantes. Terá lugar na sede da Fundación Barrié.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

27/12/2025

Horario:

17:00-20:00h.

Precio:

entrada de balde até completar capacidade.

Página web:

aradioconta.wordpress.com

Contacto:

O programa A Radio Conta regresa este Nadal de 2025 para celebrar a súa decimoterceira edición. De novo, as emisoras da Coruña reúnense nun único evento radiofónico. Desta volta, ollará a emigración de ida e volta a Galicia. Por unha banda, visibilizará o labor de Accem, entidade de apoio a migrantes, ao tempo que conmemorará o 75º aniversario do programa de radio en galego máis lonxevoSempre En Galicia, que actualmente segue a emitirse en Uruguai.

Como cada ano, o xornalista Moncho Viña será o encargado de conducir un equipo conformado por profesionais das emisoras das sete radios públicas e privadas da Coruña: RNE (que se encargará da cobertura técnica), Radio GalegaSEROnda CeroRadioVozCOPE e Radio Marca. O programa combinará humor, música e numerosas sorpresas.

Nesta decimoterceira edición, A Radio Conta incorporará unha nova emisora desde Montevideo. Establecerá unha conexión especial con Radio Oriental, que emite desde 1950 o programa máis lonxevo en lingua galega, Sempre en Galicia. Sobre o importante papel da radio como ponte entre Galicia e a diáspora falarán o director Xan Leira, a xornalista Mónica Rebolo e o profesor Henrique Rabuñal.

Pola sede da Fundación Barrié pasará Iván Fernández Amil para descubrir incribles inventos galegos e Óscar Blanco, cazador de eclipses, que contará o fito astrolóxico que vivirá A Coruña no 2026. O humor virá da man de Xosé Antonio TouriñánDavid Perdomo e Leti da Taberna.

No eido musical, A Radio Conta contará coa participación de José Manuel Cancela, fillo de emigrantes galegos e gañador de cinco Premios Emmy. Renderá homenaxe a Sito Sedes, cos seus fillos Montse e Carlos, o músico Xurxo Souto e Noly, actual cantante da orquestra Los Satélites. Ademais, Igor Pérez ofrecerá ao público o seu estilo crooner.

A Radio Conta quere dar visibilidade nesta decimoterceira edición a Accem, organización dedicada a proporcionar atención e acollida ás persoas migrantes. A través de programas de formación e inserción sociolaboral, traballa para mellorar a vida das persoas que chegan a Galicia en busca dun futuro mellor. Durante o evento, coñecerase o labor desta entidade e as historias dalgunhas das persoas beneficiarias.

LUGAR: Fundación Barrié,  Rúa Cantón Grande, 9. 15003 - A Coruña

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión