A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2026-2027.
Para público en general
Desde el 06/07/2026 hasta el 08/07/2026
Hasta el 16/06/2026
64€
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD)
Rúa Poza Cabalo, s/n. 36212- Vigo (Pontevedra)
tel: 886 121 970
e-correo: esad.galicia@edu.xunta.gal
Publicación: DOG 27/04/2026
INSCRICIÓN: até o 16 de xuño de 2026.
Le atentamenta a Guía para a inscrición no procedemento de acceso e admisión nas ensinanzas artísticas superiores para o curso 2026/27.
Con carácter xeral, as solicitudes de inscrición cubriranse de xeito telemático a través do formulario dispoñible na aplicación informática «EAS» (https://www.edu.xunta.gal/eas), que permitirá a achega electrónica da documentación requirida. O acceso á dita aplicación poderá realizarse mediante os sistemas de identificación electrónica habilitados para o efecto.
Unha vez cargada a documentación preceptiva e completada a solicitude na aplicación informática «EAS», deberase finalizar e xerar o documento de solicitude de inscrición. Dita solicitude, debidamente asinada, presentarase na Secretaría da ESAD de Galicia dentro do prazo establecido.
As persoas solicitantes que dispoñan de documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade estranxeiro (NIE) poderán acceder ao formulario de inscrición directamente na Secretaría da ESAD de Galicia.
PROBAS ESPECÍFICAS ACCESO
A proba de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática será realizada por especialidades. Constará dunha única proba que comprenderá diferentes exercicios, referidos á especialidade pola cal opten as persoas aspirantes.
DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN: realizaranse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. A partir do día 6 de xullo de 2026, de acordo co calendario e horarios publicados polo centro. É necesario presentar o D.N.I. ou no seu defecto calquera documento de identificación persoal.
► 13 de xullo: publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba específica.
► 14 e 15 de xullo: reclamación contra a listaxe provisional de cualificacións da proba específica.
► 20 de xullo: publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba específica.
Desde el 06/07/2026 hasta el 08/07/2026
Hasta el 16/06/2026
17/06/2026
Hasta el 05/06/2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible