Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
Utilizamos cookies propias (sesión, personalización, preferencias) para mejorar la experiencia del usuario a través del sitio web y cookies de terceros generadas por servicios o proveedores externos a la webque recopilan datos estadísticos, de uso, gustos de los usuarios, etc Aceptando todas las cookies da su consentimiento expreso para que se registren y utilicen tanto las cookies propias como las de terceros. Rechazando las cookies acepta que se utilicen exclusivamente las cookies propias para mejorar la experiencia de usuario. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de Normas de uso
Actividades de lecer para a mocidade de 18 a 30 anos, verán 2026
A Xunta de Galicia pon en marcha o programa de actividades dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos. Este programa promove un ocio educativo, alternativo e saudable con actividades no albergue xuvenil de Allariz, no campamento xuvenil A Devesa en Ribadeo, no hotel Piornedo en Cervantes, no Acampamento O Caurel en Folgoso do Courel e no albergue Laias en Cenlle.
A quién va dirigido:
Para público en general
Inscripciones:
Desde el 13/05/2026 hasta el 25/05/2026
2º convocatoria: abrirase de novo o formulario para programas con prazas dispoñibles, que permanecerá aberto ata 5 días antes do inicio da actividade.
Duración:
Quendas de 5 días de duración nos meses de xullo e agosto de 2026.
Precio:
Surf na Mariña 96,65 €
Artesanía nas mans 92,50 €
Aventura na montaña 92,50 €
Xeocampamento na montañas do Courel 92,50 €
Ecoverán termal en Laias 92,50 €
Por ser titular do Carné xove ou membro de familia numerosa, acolledora ou monoparental aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. Os descontos non serán acumulables.
Requisitos:
Poden solicitar praza nas actividades ofertadas as persoas mozas residentes en Galicia.
É necesario ter os 18 anos ao inicio do programa e non cumprir os 31 antes do seu remate.
SOLICITUDES: A solicitude presentarase en liña, no formulario dispoñible na páxina web de Xuventude. Prazo de solicitude:
1ª CONVOCATORIA: Do 13 de maio ás 9:00 horas ata o 25 de maio. Cada persoa solicitante só poderá enviar un formulario, no que elixirá ata un máximo de tres programas (identificados co seu código) por orde de preferencia. As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de recepción das solicitudes.
2ª CONVOCATORIA: Logo de asignadas as prazas da 1ª convocatoria, abrirase de novo o formulario na web para os programas con prazas dispoñibles, que permanecerá aberto ata 5 días antes do inicio do programa, de existir prazas vacantes. Poderá optar a estas prazas vacantes calquera persoa, incluso aquelas con praza xa adxudicada noutro programa na primeira convocatoria.
Logo de adxudicada a praza, a persoa solicitante recibirá un correo electrónico coas instrucións para o pagamento da cota e coa documentación que debe presentar, cuberta e asinada, no enderezo electrónico actividadesmais18.xuventude@xunta.gal O prazo para presentar esta documentación é de 2 días hábiles desde o envío do correo electrónico de adxudicación da praza.
PROGRAMAS:
SURF NA MARIÑA (Campamento xuvenil A Devesa, Ribadeo)
ARTESANÍA NAS MANS (Albergue Allariz)
AVENTURA NA MONTAÑA (Hotel Piornedo, Cervantes)
XEOCAMPAMENTO NAS MONTAÑAS DO COUREL (Acampamento O Caurel, Folgoso do Courel)
ECOVERÁN TERMAL EN LAIAS (Albergue Laias, Cenlle)
O Programa inclúe:
Unha programación de actividades de ocio educativo, alternativo, saudable e convivencial, así como o material necesario para o seu desenvolvemento.
O aloxamento nun albergue xuvenil ou similar.
A manutención en réxime de pensión completa.
Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Para o caso das persoas con discapacidade que por razón das súas necesidades especiais precisen apoio, disporase de persoal que conte coa formación e experiencia necesarias para atendelas.
Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
O desprazamento ata as instalacións onde se vai desenvolver o programa vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge.
Instalar ahora un navegador compatible