Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Actividades de xullo no Espazo Xuvenil O Remanso

O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de xullo. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 01/07/2026 hasta el 30/07/2026

Dirección:

Espazo Xuvenil O Remanso. A Coruña

Requisitos:

Idades: de 12 a 30 anos.

Contacto:

Espazo Xuvenil O Remanso 

Avda. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña

Tel.: 621 183 038

Documentos:

Autorización para menores nas actividades do Remanso (PDF) (21 KB)

Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:

  • Espazo Xuvenil O Remanso
  • 621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)

Bótalles un ollo a continuación:

XULLO

  • Do 01/07/2026 ao 28/08/2026. Certame de relatos curtos de ciencia ficción. 
    • É necesaria a inscrición 
    • Tes unha historia que contar? Atrévete a participar no noso Certame de Relato Curto de Ciencia Ficción e deixa voar a túa imaxinación entre estrelas, planetas, viaxes espaciais e misterios do universo. Este ano, o eclipse será unha fonte especial de inspiración: que segredos agocha a súa sombra? Que aventuras poderían acontecer durante ese instante único? Colle papel e lapis (ou teclado) e crea un relato capaz de levarnos máis alá do horizonte. Quizais a próxima gran historia do cosmos sexa a túa.
  • 09/07/2026 de 18:00 a 20:00h. Obradoiro de lettering: Letras efecto galaxia.
    • É necesaria a inscrición. (10 prazas) 
    • Gustaríache crear letras que parezan sacadas do espazo? Apúntate ao noso obradoiro de "Letras Efecto Galaxia" e aprende a combinar cores, estrelas e efectos sorprendentes para deseñar os teus propios carteis, nomes ou frases. Non fai falta experiencia, só ganas de crear!
  • 24/07/2026 de 18:00 a 20:00h. Alien: o xogo de rol (unha aproximación). 
    • É necesaria a inscrición. (5 prazas) 
    • Unha misión rutineira e nada mal pagada pero de súpeto, dende a vosa nave, vedes outra que leva desaparecida oitenta anos. Agora a misión é outra: sobrevivir.
  • 28/07/2026 de 18:00 a 20:00h. Proxección de curtametraxes de astronomía. 
    • É necesaria a inscrición. (15 prazas) 
    • Selección moi selecta de curtametraxes de Georges Méliès con motivo da eclipse do 12 de agosto. Botemos unha ollada ao ceo dende o cinema.
  • 30/07/2026 de 18:00 a 20:00h. Diario creativo: O cosmos na túa libreta. 
    • É necesaria a inscrición. (10 prazas) 
    • Nesta sesión de Diario Creativo, converteremos a túa libreta nun pequeno universo. En "O Cosmos na túa libreta" crearás páxinas cheas de galaxias, estrelas e planetas para expresar a túa creatividade.

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión