Inauguración da exposición “Arte e natureza” na sala Plataforma14 do Fórum Metropolitano.
Para público en xeral
Dende o 24/05/2019 ata o 21/06/2019
Xa rematou
de luns a venres de 9 a 21 h. e sábados de 9 a 14 e de 17 a 21 h.
Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
de balde
Centro Municipal de Información Xuvenil
Fórum Metropolitano. R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña)
Tel.: 981 184 294
correo-e: cmix@coruna.es
Nesta mostra colectiva que cada ano pecha o curso académico da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso expóñense as obras realizadas polo alumnado das distintas especialidades artísticas desta Escola.
Na exposición titulada "Arte e natureza", pódese ver unha escolma de traballos entorno a un tema recurrente na historia da arte, como é a relación dialéctica entre o ser humano e a natureza e o reflexo nesta da súa propia identidade.
A exposición inaugurarase o venres 24 de maio e poderase ver ata o día 21 de xuño.
A sala Plataforma14, pertencente á Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade.
Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.gal/cmix/plataforma14
Dende o 03/05/2024 ata o 17/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible