Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Campas 360. Programa de educación non formal dirixido á mocidade

A Xunta de Galicia pon en marcha a segunda edición de Campas 360, o programa de educación non formal dirixido á mocidade galega que ten como finalidade ofrecer actividades formativas e de lecer en fins de semana dos meses de abril e maio de 2026.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Desde el 16/03/2026 hasta el 20/03/2026

ás 22:00h.

Horario:

Entrada ás 19:00 h do venres e saída ás 16:00 h do domingo.

Duración:

Fins de semana dos meses de abril e maio de 2026.

Precio:

25 euros por quenda. Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove aplicarase un desconto do 25 % sobre o prezo. As persoas participantes aboarán, nestes casos, 18,75 euros.

O progrma inclue: aloxamento, manutención, programa de actividades, equipo técnico responsable, así como o material preciso para o seu desenvolvemento. O desprazamento ata as instalacións onde se vai desenvolver o programa vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

Requisitos:

  • Mozas e mozos empadroados en Galicia que teñan entre 12 e 17 anos no momento de presentar a solicitude.
  • Para a inscrición, cómpre cubrir o formulario en liña dispoñible na web de Xuventude. No formulario só se poderá elixir unha quenda. As prazas asignaranse por estrita orde de recepción dos formularios.
  • Logo de confirmada a praza, as persoas participantes terán un prazo de 48 horas para remitir por correo electrónico a documentación requirida.

Página web:

https://xuventude.xunta.gal/gl/campas-360

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude

Correo electrónico: campas360.xuventude@xunta.gal

Servizo de Xuventude. Espazo Amizar

Rúa Gregorio Hernández, 2. A Coruña.

Telfs: 881 881 238, 881 881 240

Documentos:

Programa (7 MB)

As actividades a desenvolver están relacionadas coa innovación nos eidos da tecnoloxía, o emprendemento, o deporte e a cultura, cun enfoque formativo pero tamén de ocio. Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade diferenciados, de 12 a 14 anos e de 15 a 17.

Ofértanse 280 prazas en 9 quendas de 20/40 persoas cada unha, nos 4 programas que conforman a actividade e que se realizarán en 6 instalacións diferentes:

  • Programa 1: Campas 360 Innovación e Aventura. Alberge Xuvenil LUGII (Lugo)
  • Programa 2: Brigada Emprendedora. Albergue Xuvenil Marina Española (Sada)
  • Programa 3: Náufragos 360. Albergue Xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa)
  • Programa 4: Campas 360 Oficios tradicionais
    • 4.1 Granxaventura (Granxa Escola El Kiriko, Fornelos de Montes)
    • 4.2 Oficios tradicionais (Granxa Escola Fervenzaventura, Silleda)
    • 4.3 Oficios esquecidos (Granxa Escola Corazón de Carballo, Tomiño)

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión