Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Campos de voluntariado en Galicia verán 2026

A Dirección Xeral de Xuventude abre o prazo de solicitude en campos de voluntariado en Galicia. Os campos de voluntariado son actividades realizadas en colaboración con concellos e entidades, nas que se colabora de maneira desinteresada e voluntaria en traballos de diversa temática (medioambiente, arqueoloxía, arte e cultura, etnografía...).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 16/04/2026 ata o 29/04/2026

2ª convocatoria: ata 3 días antes do inicio do campo.

Duración:

Entre 1 e 2 semanas nos meses de xullo, agosto e setembro de 2026.

Prezo:

110 € euros. As persoas posuidoras do Carné xove, título de familia numerosa, familia acolledora ou familia monoparental: 82,50 €.

Inclúe os gastos de manutención, aloxamento e os derivados das actividades propias e de lecer ademais dun seguro de accidentes e de responsabilidade civil. Non inclúe os gastos ocasionados polo traslado (ida e volta) ata o lugar da actividade que correrán a cargo da persoa voluntaria.

Requisitos:

  • Mozos e mozas residentes en Galicia.
  • É requisito ter cumpridos os 18 anos a data de inicio do campo de voluntariado e non cumprir os 31 antes do seu remate.

Páxina web:

xuventude.xunta.gal

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude 

Telf. 881 999 025 - 981 540 122 - 981 545 293 - 881 999 314 

Correo-e: camposdevoluntariado.xuventude@xunta.gal

Departamento Territorial da Coruña. Servizo de Xuventude e Voluntariado

Rúa Vicente Ferrer, 2, 3º. 15071 A Coruña

Telf. 881 881 238 - 881 881 239 - 881 881 240 - 881 881 241

Os campos de voluntariado en Galicia estarán suxeitos a 2 convocatorias:

  • 1ª CONVOCATORIA. Prazo de solicitude do 16 ó 29 e abril. Durante os 3 primeiros días desta convocatoria, cada persoa solicitante só poderá enviar un formulario, no que elixirá ata un máximo de tres campos de voluntariado, entre os que se lle asignará un deles, de ser o caso. As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de recepción das solicitudes.
  • 2ª CONVOCATORIA. Unha vez asignadas as prazas da 1ª convocatoria, abrirase de novo o formulario na web de Xuventude para aqueles campos con prazas dispoñibles, que permanecerá aberto ata 3 días antes do inicio do campo, de existir prazas vacantes. Poderá optar a estas prazas vacantes calquera persoa, incluso aquelas con praza xa adxudicada noutro campo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión