O 17 de abril celébrase o Día Europeo da Información Xuvenil que ten como obxectivo visibilizar a importancia dos servizos de información xuvenil como apoio fundamental para a orientación e autonomía da mocidade.
Juvenil, Para público en general
Ademais o 2026 é un ano especial, xa que se cumpren 40 anos da posta en marcha da Axencia Europea de Información e Asesoramento Xuvenil (EYRICA), que leva décadas traballando para que a mocidade teña acceso a espazos de información xuvenil que ofrezan información clara, fiable e útil.
Pero... Sabes todo o que podes atopar na Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña?
Non se trata só de dar información, nos Espazos de Información Xuvenil proporcionámosche ferramentas na toma de decisións, ofrecémosche servizos de orientación, e poñemos á túa disposición recursos que fortalecen a túa autonomía e independencia.
Se estás pensando en estudar, buscar traballo, ter unha experiencia no estranxeiro, facer un voluntariado ou simplemente aproveitar mellor o teu tempo libre en compañía de outras persoas mozas, os centros de información xuvenil resultaranche de utilidade.
Na Rede Municipal tes os seguintes espazos a túa disposición: no Centro Ágora, nas Naves do Metrosidero e no Fórum Metropolitano. Podes poñerte en contacto con nós, preguntar, explorar opcións... Están aí para ti.
Desde el 16/04/2026 hasta el 29/04/2026
2ª convocatoria: ata 3 días antes do inicio do campo.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible