A sala de exposicións Plataforma14 acolle a exposición “Haikus” do novo fotógrafo Alejandro Rego Díaz (A Coruña, 1993), estudiante de filosofía na Universidade de París-Sorbona.
Para público en xeral
Dende o 20/04/2018 ata o 18/05/2018
Xa rematou
de luns a venres de 9 a 21 h. e sábados de 9 a 14 e de 17 a 21 h.
Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
de balde
Centro Municipal de Información Xuvenil
Fórum Metropolitano. R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña)
Tel.: 981 184 294
correo-e: cmix@coruna.es
Este autor, ademais do seu traballo fotográfico, recibiu o Premio de Creación Literaria na Universidade da Coruña en tres ocasións consecutivas (2012, 2013 e 2014), e algún do seus relatos e poemas foron publicados en diferentes publicacións nacionais.
"Haikus", composta por 40 fotografías tomadas ao longo do ano 2017, é unha exposición concibida á maneira dun diario de viaxe. Un diario fragmentario e tranquilo, afastado de toda présa e de toda vontade documental, no que os lugares e as circunstancias vitais do seu autor carecen de importancia. Como na poesía xaponesa, as imaxes de haikus caracterízanse pola súa abstracción e a súa sinxeleza. Pola súa exaltación deses momentos da vida nos que non sucede nada.
Esta exposición quere celebrar esa beleza. A beleza que se esconde detrás de todo o banal.
A sala Plataforma14, pertencente á Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade.
Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.gal/cmix/plataforma14
Dende o 20/05/2024 ata o 31/05/2024
ás 12:00h.
Dende o 24/05/2024
ata 3 días antes do inicio do campo.
Os días 30/05/2024 ás 19:00 , 13/06/2024 ás 19:00
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible