Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Fondo solidario de libros e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2026/27

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2026/27.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Hasta el 19/06/2026

por vía electrónica ou nos centros docentes. 

Requisitos:

  • Poderán presentar solicitudes de participación do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e en educación especial.
  • A repartición entre o alumnado que participe dos libros de texto de 3º, 4º, 5º e 6º de EP e de todos os cursos de ESO que estean dispoñibles no fondo do centro efectuarase da seguinte maneira:
    • Por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
    • Terá preferencia para esta adxudicación con independencia da renda o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, e a continuación, o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e, a xuízo do centro docente, poida usar libros de texto do fondo.

Remuneración / Dotación:

Contía das axudas para adquirir libros de texto:

  • Para o alumnado matriculado en 1º e 2º de EP: Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €.
  • Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que non utilice os libros de texto do fondo:
    • Matriculado en EP: - Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €. - Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €.
    • Matriculado en ESO: - Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 270 €. - Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 180 €.
    • Cando, ademais, teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %: 300 €, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
  • Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, a contía das axudas será de 300 €, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

Contía da axuda para adquirir material escolar: Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €. O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE e o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % será beneficiario desta axuda por importe de 75 €, con independencia da renda. 

Página web:

www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional  

Edificio Administrativo de San Caetano, s/n. 15781  Santiago de Compostela

Teléfono: 981 546 517/ 881 997 385/ 881 996 512/ 881 996 513/ 981 547 301/ 981 546 524

Publicación: DOG 18/05/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento ED330B 

Modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino e axudas:

  • Participación no fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria
  • Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria e en educación especial
  • Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión