O Concello da Coruña vén de abrir a fase de votación dos Orzamentos Participativos 2026-2027. Todas as persoas empadroadas na cidade que teñan 16 anos cumpridos poderán votar ata o 31 de agosto entre as 100 propostas que superaron o filtrado de admisibilidade e a posterior valoración técnica e económica.
Para público en general
Desde el 17/07/2026 hasta el 31/08/2026
Concello da Coruña
FASES DOS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS
Recollida de propostas: Do 25 de maio ao 19 de xuño
Calquera persoa empadroada na Coruña e maior de 16 anos pode propoñer algún proxecto de investimento para a cidade e para os seus barrios.
Para que unha proposta sexa válida, ten que cumprir os seguintes requisitos:
Presentación: As propostas preséntanse prioritariamente a través da web https://nacorunacontas.coruna.gal/, pero se prefires a participación presencial, podes facelo nas oficinas dos rexistros municipais de María Pita, Ágora e Fórum.
Ademais, podes acudir aos puntos de apoio presencial repartidos por toda a cidade, onde che ofrecerán a información, a axuda e os medios necesarios para presentar as túas propostas (Ccntros cívicos, bibliotecas municipais e espazos xuvenís)
As propostas presentadas son visibles na plataforma dende o momento en que se rexistran, identificadas como propostas recibidas
Filtrado e valoración técnica
Tras a fase de presentación, todas as propostas pasan por un filtrado de admisibilidade que verifica oito criterios obxectivos: competencia municipal, natureza de investimento, titularidade municipal do espazo, rango orzamentario, non duplicidade con outras propostas, ausencia de trámites previos complexos, non coincidencia con plans xa en marcha e estabilidade orzamentaria.
As propostas admitidas pasan a unha valoración técnica e económica, na que se elabora un informe técnico de execución por proposta co seu encaixe técnico-xurídico, orzamento estimado con marxe de continxencia, prazo de execución e observacións relevantes. Estes informes son os que se cargan na plataforma como soporte de cada proposta para a fase de votación.
Votación final: Do 17 de xullo - 31 de agosto de 2026
Na fase de votación decides como se asignan os 2.600.000 € que o Concello destina a esta edición dos Orzamentos Participativos.
Cada persoa empadroada na Coruña e maior de 16 anos pode votar:
Podes votar na web ou de forma presencial nas urnas itinerantes que se instalarán en distintos puntos da cidade. As propostas gañadoras incorpóranse ao orzamento municipal mediante unha modificación orzamentaria que se eleva ao Pleno municipal. Aprobada polo Pleno, publícase o cadro de resultados e actívase o panel público de seguimento da execución, onde poderás consultar o estado de cada proxecto durante todo o período de execución (2026-2028).
Desde el 06/08/2026 hasta el 28/08/2026
Desde el 01/07/2026 hasta el 30/07/2026
Hasta el 31/10/2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible