Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
Utilizamos cookies propias (sesión, personalización, preferencias) para mejorar la experiencia del usuario a través del sitio web y cookies de terceros generadas por servicios o proveedores externos a la webque recopilan datos estadísticos, de uso, gustos de los usuarios, etc Aceptando todas las cookies da su consentimiento expreso para que se registren y utilicen tanto las cookies propias como las de terceros. Rechazando las cookies acepta que se utilicen exclusivamente las cookies propias para mejorar la experiencia de usuario. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de Normas de uso
Fragas do Mandeo organiza este programa baixo lema "Fortalecendo a resiliencia das nosas fragas". Haberá unha charla, xornadas de voluntariado e un percorrido formativo pola fraga.
Percorrido formativo pola fraga: Consistirá nunha andaina acompañada polo botánico Dr. Manuel Antonio Rodríguez Guitián. Ó longo dun itinerario polo monte da Espenuca e a ribeira do río Mandeo, este especialista nos bosques galegos irá explicándonos as características e valores das nosas fragas. A participación estará limitada a 15 persoas, polo que se estás interesado deberás inscribirte con suficiente antelación para garantir ter unha praza. Data: Sábado 12 de setembro, de 9:30 a 17:00 horas. Lugar: Partirá dende o Centro de Saúde de Betanzos.
Xornada de voluntariado en Miño para eliminar especies exóticas invasoras. Data: Domingo 13 de setembro, de 9:30 a 14:00 horas. Lugar: Partiraán dende o Centro de Saúde de Betanzos.
Charla «Analizando os incendios dende a ecoloxía e o ecoloxismo»: O monte da Espenuca ardeu a inicios do pasado mes de agosto. A pronta actuación dos bombeiros forestais logrou evitar un dano grave, pero persiste a preocupación de que no futuro se produza na nosa bisbarra un gran incendio forestal de consecuencias catastróficas. Impartida polo edafólogo Dr. Serafín González Prieto e o biólogo ambiental D. Xabier Vázquez Pumariño. Data: Mércores 16 de setembro, de 19:30 a 21:00 horas. Lugar: Emisión telemática en directo (tamén dispoñible posteriormente en diferido) a través de Youtube na sesión da charla.
Limpeza de ríos: Xornada de voluntariado no rego de Fonte Xoan (Coirós) para retirar lixo e eliminar invasora. Deste xeito evitarase que as enchentes invernais arrastren refugallos e propágulos de tradescantia augas abaixo, pois rematarían no espazo natural protexido ZEC Betanzos-Mandeo. Data: Domingo 20 de setembro, de 9:30 a 14:00 horas. Lugar: Partirán dende o Centro de Saúde de Betanzos.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge.
Instalar ahora un navegador compatible