Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Inscrición na Orquestra e Coro da Universidade de Santiago de Compostela

A Orquestra e Coro da USC abre a convocatoria para incorporar novos membros no curso 2026-2027. A incorporación estará condicionada á realización do correspondente proceso de audición.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Hasta el 25/09/2026

Requisitos:

  • Poderán participar nesta convocatoria as persoas que teñan 16 anos cumpridos e se atopen nalgún dos seguintes supostos:
    • • Membros da comunidade universitaria da USC (estudantado, PDI ou PTXAS).
    • • Estudantes de música.
    • • Persoas alleas á comunidade universitaria interesadas na práctica musical colectiva que cumpran os requisitos establecidos nesta convocatoria.
  • No caso da Orquestra, será necesario contar cos coñecementos instrumentais suficientes para participar nunha agrupación orquestral.
  • No caso do Coro, poderán presentarse persoas interesadas na práctica do canto coral procedentes de diferentes ámbitos e formacións musicais: integrantes doutras agrupacións vocais, estudantes de música, cantantes de diferentes estilos, profesionais da voz ou persoas afeccionadas ao canto que conten coas aptitudes necesarias.
  • A incorporación como membro activo estará condicionada á realización do correspondente proceso de audición, á adecuación ás necesidades mínimas da práctica musical colectiva e á existencia de prazas na agrupación solicitada...

Página web:

www.usc.gal

Contacto:

Orquestra e Coro da Universidade de Santiago de Compostela (OCUSC)

Área de Cultura - Universidade de Santiago de Compostela

e-correo: orquestra.universidade@usc.gal

Documentos:

Convocatoria completa (pdf) (141 KB)

A Orquestra e Coro da Universidade de Santiago de Compostela (OCUSC) é un proxecto educativo e musical da Área de Cultura da USC que ofrece á comunidade universitaria e á sociedade un espazo de formación, práctica e interpretación musical colectiva.

No curso académico 2026-27, a OCUSC desenvolverá a súa actividade nos campus de Santiago de Compostela e Lugo, a través de catro agrupacións:

  • Orquestra da USC - Campus de Santiago
  • Coro da USC - Campus de Santiago
  • Orquestra da USC - Campus de Lugo
  • Coro da USC - Campus de Lugo

Cada agrupación contará con organización, ensaios e prazas propias, sen prexuízo da realización de programas, encontros e actividades conxuntas que favorezan a cohesión e a identidade común do proxecto OCUSC.

No Pierdas

No Pierdas

Inscripción en Actividades

Proceso de inscripción en las actividades. Después de haber cubierto y enviado un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Cómo inscribirme en una actividad

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión