Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

6 bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, convoca bolsas destinadas a estudantes de ensinanzas universitarias ou ciclos formativos de grao superior que colaborarán na residencia do CGTD para completar a súa formación como estudantes á vez que se familiarizan con actividades relacionadas coas saídas profesionais dos estudos que están a cursar.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Hasta el 29/07/2026

Duración:

como mínimo, unha duración dun curso escolar (de setembro a xuño).

Requisitos:

  • Ter entre 18 e 30 anos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.
  • Estar empadroadas en Galicia no momento de presentar a solicitude.
  • Estar cursando estudos universitarios nunha facultade, escola universitaria ou nun ciclo formativo de grao superior.
  • Non ser persoas beneficiarias dunha bolsa como deportista no CGTD no momento da solicitude.
  • Estar en disposición de cumprir co establecido na Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e a adolescencia, que modificou a Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor.
  • No caso de estudantes que tivesen bolsa como deportistas na residencia do CGTD, será necesario que a súa estadía no CGTD fose valorada como positiva polo equipo directivo do centro.
  • Supletoriamente, no caso de non se cubriren as prazas cos requisitos anteriores, poderanse ter en conta solicitudes de persoas que fosen bolseiras no CGTD con anterioridade e que estean cursando estudos non oficiais.

Remuneración / Coste:

As persoas beneficiarias destas bolsas disporán do aloxamento de domingo a venres, manutención completa de luns a venres, servizo de lavandaría, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia durante o curso escolar 2026/27 no CGTD.

Página web:

https://deporte.xunta.gal/

Contacto:

CGTD

Rúa Pai Fernando Olmedo 1. 36071  Pontevedra 

Teléfono: 886 159 672

Email: cgtd@xunta.gal

Publicación: DOG 29/06/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento DE400A

As persoas beneficiarias das bolsas realizarán o seu labor na instalación do CGTD en Pontevedra, durante o curso escolar 2026/27.

Obrigas das persoas bolseiras: 

  • Incorporarse á residencia o mesmo día que as persoas deportistas.
  • Permanecer na residencia nos horarios establecidos pola dirección do centro.
  • Colaborar en facilitar a convivencia e cumprir e facer cumprir as normas de réxime interno do centro informando en todo momento a Dirección do CGTD de calquera infracción que se cometa.
  • Realización de actividades de apoio á Dirección do CGTD, aos técnicos responsables dos grupos de deportistas existentes implicados no programa de formación e na organización e promoción de actividades deportivas, recreativas e académicas.
  • Colaborar coas preceptoras/es na organización e promoción de actividades recreativas e formativas.
  • Axudar nas tarefas de control e seguimento dos estudos dos residentes, así como a colaboración con eles no aproveitamento do seu tempo de estudo.
  • Notificar ás preceptoras todas as incidencias que se produzan en relación coas persoas deportistas.
  • Funcións rotatorias diarias: Almorzo, comida e cea: control da lista de persoas que fan uso do servizo de comedor e recordar as normas aos usuarios do comedor. Hora de estudo: supervisión do uso correcto do espazo, control das normas de uso dos estudos, colaborar na organización de tarefas ás persoas bolseiras e distribución do tempo de traballo. Control de plantas e do cumprimento das normas da residencia. Actividades no salón de actos /sala de xogos: control e supervisión.
  • Calquera outra actividade que se determine para a correcta convivencia das persoas deportistas no centro e para o desenvolvemento das súas actividades dentro do CGTD.

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión