Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Axudas económicas para a conciliación a través do programa Bono Concilia Familia

Axuda directa para financiar servizos de conciliación contratados polas familias durante as vacacións escolares ou ante necesidades puntuais. Cobre a contratación dunha persoa coidadora a domicilio, campamentos -salvo os organizados por administracións públicas-, ludotecas ou outros servizos autorizados pola Consellería de Política Social e Igualdade.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Desde el 09/09/2026 hasta el 09/10/2026

ás 14:00 h.

Requisitos:

Persoas beneficiarias:

  • Pais/nais e as persoas titoras de nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2022, ou as persoas que os/as teñan en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos, que residan na Comunidade Autónoma de Galicia
  • No suposto de solicitudes da axuda por enfermidade ou accidente da nena ou neno e/ou por necesidades de conciliación da vida persoal, familiar e laboral en períodos de vacacións escolares, os pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, pais/nais con custodia non compartida ou proxenitor de familia monoparental terán que estar traballando. Para os efectos desta epígrafe, as situacións de incapacidade permanente absoluta e gran invalidez dun dos pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, pais/nais con custodia non compartida ou proxenitor de familia monoparental equiparanse a esta situación. Nos supostos de custodia compartida, este requisito de estar traballando entenderase referido ao tempo en que esta custodia se exerza efectivamente, acreditando que nese período de tempo lle corresponde a garda e custodia á persoa que solicita esta axuda; nestes casos, cada pai/nai deberá presentar unha solicitude individual.

Remuneración / Dotación:

A axuda consistirá nunha achega que pode acadar ata un máximo do 100 % do custo no caso de familias numerosas, familias monoparentais, familias acolledoras, familias con garda con fins adoptivos, familias en que un ou varios fillos ou fillas convivintes teñan unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 % ou familias vítimas de violencia de xénero, e ata un máximo do 75 % no resto dos casos, sempre cun límite:

  • De 500 euros por unidade familiar, no caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio.
  • De 200 euros por cada neno ou nena, no caso de asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Igualdade ou a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.

Página web:

https://politicasocial.xunta.gal/

Contacto:

Consellería de Política Social e Igualdade

Teléfono información 012 Enderezo electrónico: 012@xunta.gal

Departamento Territorial da Coruña

administrativos.familia.coruna@xunta.gal

https://www.pan.gal/gl/contacto

Publicación: DOG 01/09/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento BS412A

Accións e gastos subvencionables

Para teren dereito ás axudas previstas nesta orde, as familias deberán acreditar encontrarse nun dos seguintes supostos:

  • Supostos de necesidades puntuais
    • Enfermidade ou accidente do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual.
    • Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación que impidan a atención do neno ou nena.
    • Situacións puntuais de carácter laboral da persoa coidadora habitual que impidan a atención do neno ou nena.
    • Situacións puntuais de coidado de familiares do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, sempre que impidan a atención do neno ou nena pola persoa coidadora habitual.
  • Necesidades en períodos de vacacións escolares que se producen cando os centros educativos están pechados por vacacións, sempre que ambos os pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, pais/nais con custodia non compartida ou proxenitor/a de familia monoparental non se poidan facer cargo da atención do neno ou nena por motivos laborais.

Poderán ser obxecto de subvención os seguintes gastos

  • Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar de forma temporal para o coidado do neno ou nena.
  • Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio.
  • Asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Igualdade; en concreto, atención en ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia. 
  • Asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados por calquera persoa física ou xurídica privada, para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares; polo tanto, exceptúanse os recollidos na Orde do 30 de marzo de 2026 pola que se regula a oferta de prazas pa a oferta de prazas para actividades xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2026 e calquera outro organizado directa ou indirectamente por calquera Administración pública.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión