Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Axudas para comprar bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convoca subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, para o período 2025-2026.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 16/05/2025 ata o 13/11/2026
ou cando se esgoten os fondos.
Requisitos:
Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas maiores de idade que realicen a actuación subvencionable.
Estar empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Non obter axuda para a mesma clase de obxecto subvencionado con cargo ás ordes do 2022 ou 2023.
Para a adquisición de bicicletas de man, a persoa solicitante deberá xustificar un grado de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
A tramitación do procedemento de solicitude de axuda realizarase a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publique na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade.
Remuneración / Custo:
O importe máximo da axuda por bicicleta de pedais nova con pedaleo asistido será de 500 euros por bicicleta e persoa beneficiaria; non obstante, no caso de persoas beneficiarias integrantes dunha familia numerosa, o dito importe será de 600 euros, e de 700 euros no caso de que a familia numerosa sexa de categoría especial. No caso das bicicletas de man híbridas ou eléctricas o importe máximo da axuda será, en todo caso, de 700 euros.
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento IF319B
As actuacións que se subvencionan son a adquisición de bicicletas novas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas (bicicletas de man) en establecementos comerciais situados en Galicia que cumpran os seguintes requisitos técnicos e de equipamento:
Bicicletas novas con pedaleo asistido:
Bicicleta con pedaleo asistido, nova, equipada cun motor eléctrico auxiliar, de potencia nominal continua máxima inferior ou igual a 250 W, cuxa potencia diminúa progresivamente e que finalmente se interrompa antes de que a velocidade do vehículo alcance os 25 km/h ou se o ciclista deixa de pedalear (pregables incluídas).
Batería de litio, con capacidade igual ou superior a 248 Wh (vatios/hora).
Cadro ríxido (sen dobre suspensión).
Luz traseira e dianteira.
Gardabarros dianteiro e traseiro completo.
Pata de cabra ou cabalete.
Cumprimento de Norma UNE-EN 15194:2018. Ciclos con asistencia eléctrica. Bicicletas EPAC.
Bicicletas de man:
Bicicleta de man nova, equipada cun motor con potencia máxima de 400 W, desmontable e con enganche automático nas rodas dianteiras da cadeira de rodas.
Guiador conectado á roda e ao motor.
Empuñadura ergonómica.
Freo de disco, ou equivalente.
Apoio de pé.
Timbre ou sistema de advertencia.
Sistema de iluminación dianteiro e traseiro.
Rango de dimensión das rodas: 8,5" - 20".
Velocidade máxima: 25 km/h.
Batería de litio, con capacidade igual ou superior a 248 Wh (vatios/hora).
Cumprimento coa normativa de fabricación da UE, EN12184 (cadeiras de rodas con motor eléctrico, scooters e os seus cargadores. Requisitos e métodos de ensaio).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible