Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria convoca o procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor nos Centros de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) de Lourizán (Pontevedra), CFEA de Sergude (Boqueixón), CFEA Pedro Murias de Ribadeo e CFEA de Becerreá.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Desde el 09/07/2026 hasta el 29/07/2026

Precio:

  • As persoas adxudicatarias das prazas recollidas no artigo 1 estarán suxeitas aos prezos públicos previstos no Decreto 143/2013, do 12 de setembro, polo que se fixan os prezos públicos polos servizos de residencia e comedor (DOG núm. 176, do 16 de setembro), e a actualización prevista na A Resolución do 8 de maio de 2026, conxunta da Consellería do Mar e da Consellería do Medio Rural, pola que se actualizan os prezos públicos determinados no Decreto 143/2013, do 12 de setembro, polo que se fixan os prezos públicos polos servizos de residencia e comedor prestados nos centros de formación das familias marítimo-pesqueira e agroforestal, así como os prezos de matrícula na Aula de Seguridade e Salvamento, dependentes desta consellería (https://www.xunta.gal/dog/ Publicados/2026/20260520/AnuncioG0427-110526-0002_gl.html)

Requisitos:

  • Ser cidadán/á de calquera país da Unión Europea ou estranxeiro/a que acredite a residencia ou estea dentro dun programa de cooperación internacional.
  • Ter feitos os 16 anos de idade no ano de publicación da convocatoria.
  • Estar matriculado en calquera dos CFEA adscritos á Agacal nun ciclo de formación profesional durante o curso escolar.

Página web:

agacal.xunta.gal

Contacto:

Consellería do Medio Rural. Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL). Área de Formación, Innovación e Investigación. Departamento de Formación

Avenida do Camiño Francés, nº 10. 15781- Santiago de Compostela (A Coruña)

Tel: 981 546 679/ 981 546 664

formacion.cmrm@xunta.gal

Publicación: DOG 25/06/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento MR207A

As persoas usuarias poden optar por unha das seguintes modalidades:

  • Residencia en pensión completa. A modalidade de residencia en pensión completa inclúe o uso dun cuarto e aseo compartidos e o dereito ao almorzo, xantar e cea. 
  • Comedor para o curso completo. A modalidade de comedor para o curso completo comprende o servizo de xantar na sala de comedor durante todo o curso de luns a venres, todos os días lectivos do centro en que se oferte o servizo. 

OFERTA DE PRAZAS:

CFEA

Nº PRAZAS PENSIÓN COMPLETA

Nº PRAZAS COMEDOR (só xantar)

CFEA de Lourizán (Pontevedra)

32

28

CFEA de Sergude (A Coruña)

30

70

CFEA Pedro Murias (Ribadeo-Lugo)

21

23

CFEA de Becerreá (Lugo)

0

45

No caso de non utilizar o total de prazas ofertadas en pensión completa, as vacantes que se produzan poderán acumularse ás prazas de comedor para o curso completo.

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión