Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero

A Consellería de Política Social e Igualdade convocou para o ano 2025 axudas económicas de carácter periódico a mulleres que sofren violencia de xénero, para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, ou da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación e/ou de explotación para os casos das mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou vítimas de explotación sexual.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Hasta el 31/12/2025

Requisitos:

  • Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor, ou no caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou vítimas de explotación sexual, de dependencia da persoa que mantivese sobre ela unha relación de dominación e/ou de explotación.
  • Ter cesado a convivencia co agresor, ou a vinculación coa/s persoa/s que mantivese/n sobre ela unha relación de dominación e/ou explotación, no intervalo temporal que comprende os doce (12) meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia. Ademais, no caso de mulleres estranxeiras, ter residencia legal en España. A residencia legal en España acreditarase mediante a inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros, no caso de mulleres nacionais dos Estados membros da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou da Confederación Suíza, ou coa tarxeta de familiar de cidadán da Unión ou autorización de residencia, en calquera das súas modalidades, no caso de mulleres estranxeiras doutra nacionalidade. Tamén poderá acreditarse a residencia legal en España, coa autorización provisional de residencia expedida pola autoridade que sexa competente para outorgar a autorización de residencia por circunstancias excepcionais, mentres se resolve sobre esta última autorización.
  • Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou ser de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou inferiores ao dobre do IPREM vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

Remuneración / Dotación:

A contía das axudas establécese en función das rendas e ingresos da solicitante da axuda en relación co indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente, e en atención ao número de fillas e fillos menores ou menores en acollida a cargo, así como o grao de discapacidade da solicitante e/ou das/os menores a cargo, de ser o caso; nun abano que vai desde 200€/mes até 800€/mes; e até un máximo de doce mensualidades.

Página web:

www.mulleresengalicia.es

Contacto:

Consellería de Política Social e Igualdade. Unidade Administrativa de Igualdade da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, 2. 15008- A Coruña

Tel: 881 881 091 / 881 881 092

e-correo: vx.igualdade@xunta.gal

Publicación: DOG 20/01/2025

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento SI434A

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión