A Deputación da Coruña abre o prazo para participar na sétima edición do Premio “Luísa Villalta” a proxectos pola igualdade, unha iniciativa que busca promover a igualdade de xénero, combater a violencia machista e defender a diversidade sexual a través de proxectos con impacto social na provincia.
Para público en general
Hasta el 31/03/2026
Requisitos dos/as aspirantes:
Poden participar autónomas/os, entidades de economía social e empresas con sede en Galicia, legalmente constituídas e con actividade económica activa.
A inscrición faise telematicamente, con certificado dixital e un único correo de contacto.
Só se admite unha candidatura por persoa ou entidade.
Quedan excluídas candidaturas premiadas recentemente, proxectos subvencionados pola Deputación, centros educativos e ANPAS.
Non se aceptan proxectos en fases ou continuidades.
Requisitos dos proxectos:
Proxectos orixinais, de autoría propia, con só unha candidatura por persoa/entidade.
Desenvolverse na provincia da Coruña e beneficiar á súa poboación.
Enfoque feminista, inclusivo, participativo e con igualdade de xénero.
Uso do galego, desagregación de datos por sexo e accesibilidade universal en todo o proceso.
Oito premios en total entre dúas modalidades.
Modalidade A: proxectos sociais pola igualdade.
Modalidade B: proxectos culturais pola igualdade.
Cada premio pode alcanzar ata 12.500 €, ou menos se o orzamento do proxecto é inferior.
Deputación da Coruña
Avenida Porto da Coruña nº2, 15003 A Coruña
Tel.: 981 08 03 00
deputacion@dacoruna.gal
Los días 20/02/2026, 13/03/2026
Desde el 26/01/2026 hasta el 30/01/2026
Desde el 05/12/2025 hasta el 28/12/2025
Desde el 06/12/2025 hasta el 26/12/2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible