Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

XIX Concurso "Quero Cantar" de música infantil e xuvenil

Coa intención de promocionar e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical, a Deputación da Coruña convoca o IX Premio“Quero Cantar” de música infantil e xuvenil do ano 2026.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Hasta el 25/03/2026

ata as 14.00 h.

Requisitos:

  • Pode participar calquera grupo ou solista que presente a maqueta dunha canción en galego, con letra e música orixinais e inéditas, que non fosen difundidas publicamente antes, por ningún tipo de soporte nin canle.
  • Establécense as seguintes categorías:
    • Categoría A. Infantil.
      • - Idade: ata 12 anos
      • - Nº máximo de compoñentes : 12
      • - Para esta categoría permítese que, incluída no límite de 12 compoñentes, participe unha persoa que supere o límite de idade, que non poderá ser a voz solista, e sempre que o grupo sexa de máis de 2 membros.
    • Categoría B. Xuvenil.
      • - Idade: de 13 a 16 anos
      • - Nº máximo de compoñentes: 12
      • - Para a categoría B, igualmente dentro do límite de 12 participantes, permítese a participación de persoas por debaixo da idade inferior, sempre que este número non chegue ao 50% de membros totais do grupo.
  • A autoría da letra e a música da canción debe ser da persoa solista ou dos membros do grupo que a presenten.
  • As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL).

Remuneración / Coste:

1º Premio:

a) Categoría Infantil: 

  • Gravación da maqueta en estudio profesional.
  • Gravación dun videoclip da canción gañadora
  • Material musical (instrumentos, equipamento...),  servizos musicais (gravación, produción, ...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1.500 €.

b) Categoría Xuvenil:

  • Gravación da maqueta en estudio profesional.
  • Participación no programa formativo que se explica no anexo das Bases
  • Gravación dun videoclip, ben da canción presentada ao concurso, ben da creada no programa formativo.
  • Material musical (instrumentos, equipamento...),  servizos musicais (gravación, produción, ...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1.500 €.

2º Premio (en ambas as categorías):

  • Gravación da maqueta en estudio profesional
  • Material musical (instrumentos, equipamento...),  servizos musicais (gravación, produción, ...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1000 €.

3º Premio (en ambas as categorías):

  • Gravación da maqueta en estudio profesional
  • Material musical (instrumentos, equipamento...),  servizos musicais (gravación, produción, ...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 500 €.

Página web:

www.dacoruna.gal/cultura

Contacto:

Deputación Provincial da Coruña

Avenida Porto da Coruña, 2 (15003 - A Coruña)

Tel.:  981 415 319

correo-e: cultura@dacoruna.gal

Publicación: BOP 09/12/2025

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión