Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
Utilizamos cookies propias (sesión, personalización, preferencias) para mejorar la experiencia del usuario a través del sitio web y cookies de terceros generadas por servicios o proveedores externos a la webque recopilan datos estadísticos, de uso, gustos de los usuarios, etc Aceptando todas las cookies da su consentimiento expreso para que se registren y utilicen tanto las cookies propias como las de terceros. Rechazando las cookies acepta que se utilicen exclusivamente las cookies propias para mejorar la experiencia de usuario. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de Normas de uso
Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca cursos de linguaxe
administrativa galega en liña e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas.
A quién va dirigido:
Para público en general
Inscripciones:
Desde el 29/06/2026 hasta el 10/07/2026
Cursos do segundo cuadrimestre: do 2 ao 13 de novembro de 2026.
Precio:
Gratuítos.
Requisitos:
Cursos de linguaxe administrativa:
Poderán solicitar a realización destes cursos as persoas maiores de dezaseis anos no suposto de prazas non cubertas por empregadas/os públicas/os.
Para acceder ao curso medio de linguaxe administrativa as persoas aspirantes deberán estar en posesión dalgún dos certificados seguintes: Celga 4, cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, curso básico de linguaxe administrativa galega, curso básico para o persoal da Administración de xustiza ou curso básico de linguaxe administrativa sanitaria,
Para acceder ao curso superior de linguaxe administrativa as persoas aspirantes deberán estar en posesión dalgún dos certificados seguintes: curso medio de linguaxe administrativa galega, curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes.
As persoas solicitantes deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos: Ordenador con conexión á internet, navegador web, conta de correo electrónico especificada na solicitude, e micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz.
Cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga: poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral da Lingua para certificar a súa competencia en lingua galega.
Os cursos do primeiro cuadrimestre comezarán o día 28 de setembro de 2026 e rematarán o 29 de novembro de 2026.
Os cursos do segundo cuadrimestre comezarán o día 18 de xaneiro de 2027 e rematarán o 4 de abril de 2027.
Cursos preparatorios Celga: Os cursos do primeiro cuadrimestre impartiranse entre setembro e decembro; os do segundo cuadrimestre, entre xaneiro e maio.
Na Coruña: EOI da Coruña. Rúa da Educación, 1. 15011 A Coruña. Teléfono: 981 18 58 50. Correo electrónico: eoi.corunha@edu.xunta.gal
Nivel Celga 4: de setembro a decembro 2026. Horario: de 11.30 ás 13.30 horas os martes e xoves.
Nivel Celga 4: de xaneiro a maio 2027. Horario: de 11.30 ás 13.30 horas os martes e xoves.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge.
Instalar ahora un navegador compatible