A formación terá unha duración de 8 semanas nas que o alumnado poderá desenvolver o curso ao seu propio ritmo (sen horarios).
A aprendizaxe será guiada. Realizaranse sesións grupais de acompañamento con especialistas para resolver dificultades e retos.
O temario impartirase dunha forma amena e atractiva mediante contidos formativos, actividades prácticas e material complementario.
Para finalizar o curso, as persoas participantes terán que aprobar de maneira obrigatoria o 80% das actividades avaliativas como demostración da adquisición das competencias.
Obterase un diploma acreditativo oficial da Xunta de Galicia ao rematar cunha equivalencia de 250 horas e 10 ECTS.
Temario
- Test autodiagnóstico do nivel de competencias
- Busca e xestión da información dixital:
- Busca, localización e selección da información.
- Personalización do navegador.
- Busca de información especializada.
- Operadores de busca en buscadores.
- Estratexias de verificación da información e contidos dixitais.
- Avaliación da información e contidos das páxinas web.
- Estratexias de selección da información.
- Fontes de contidos dixitais abertos.
- Organización e recuperación da información. Organización do espazo de almacenamento na nube.
- Comunicación e colaboración:
- Interacción a través das ferramentas dixitais. Ferramentas de interacción e comunicación. Configuración e personalización das ferramentas de comunicación.
- Comunidades e redes sociais.
- Comunicación audiovisual: ferramentas de videoconferencia.
- Formas e canais para compartir información. Ferramentas para o traballo en equipo. Estratexias de colaboración en liña.
- Cidadanía dixital. Sistemas de identificación: configuración e uso. Servizos dixitais para a cidadanía e Administración electrónica.
- A netiqueta dixital. Adaptación á diversidade funcional, de accesibilidade, cultural e xeracional. Xestión de conflitos no marco dixital.
- A xestión da identidade e pegada dixital. Coidado da reputación e a privacidade en liña. Configuración e actualización de perfís. Suplantación de identidade.
- Creación de contidos dixitais:
- Creación de contidos dixitais con ferramentas de ofimática e as súas funcións principais. Inserción de elementos de formato diverso. Importación e exportación. Cambios de formatos.
- Creación de contidos multimedia, interactivos e reelaborados. Programas de edición de contidos multimedia: vídeo, imaxe e audios.
- Creación de contidos web: sitios web, blogs, mapas mentais, infografías e repositorios de recursos. Creatividade e innovación dixital.
- Os dereitos de autor, licenzas de uso e contidos en aberto. Acceso a contidos multimedia. Licenzas de uso de software.
- Programación básica. Principios de arquitectura das aplicacións e servizos dixitais. Programación de tarefas. Licenzas de uso de software.
- Benestar dixital: seguridade e privacidade:
- Medidas de protección e seguridade dos meus dispositivos. Actuación ante perigos e ameazas. Consellos e estratexias para evitar riscos. Antivirus. Antimalware. Firewall.
- Dereitos e deberes no uso de datos persoais. Coidado da privacidade propia e allea.
- Benestar e inclusión dixital. Identificación e actuación ante os riscos para a saúde. Medidas preventivas para menores e colectivos vulnerables e a inclusión dixital.
- Sostibilidade tecnolóxica. Alargando a vida dos meus dispositivos. O consumo dixital e as medidas de protección.
- Marco dixital e resolución de problemas:
- Personalización dos dispositivos tecnolóxicos. Configuración e mantemento do software. Resolución de problemas frecuentes.
- Mellora dos dispositivos tecnolóxicos. Novos periféricos e os seus usos. Elección de ferramentas.
- Tecnoloxías emerxentes.
- Avaliación final e diploma de acreditación
Beneficios desta formación
- Realizar trámites coa administración pública.
- Crear e xestionar as túas redes sociais e facer videochamadas.
- Coñecer as principais ferramentas de seguridade.
- Editar vídeo e fotografía.
- Ampliar o teu mercado laboral, empregando aplicacións e programas.
- E moitas máis habilidades dixitais que che farán a vida máis sinxela.
- A preparación necesaria para optar á obtención do ComDix. *Estes cursos formativos non outorgan directamente a certificación ComDix. Será necesario presentarse ás probas de certificación específicas convocadas pola Amtega.